Muxicas foi un grupo galego de música tradicional fundado en Vigo en 1978, no seo da agrupación folclórica Lembranzas Galegas. Fundado por Xosé Manuel Fernández e Nazario González Moxenas.

Historia Muxicas formouse en 1978 en Vigo, xurdiu a partir de Lembranzas Galegas cando o seu grupo instrumental comezou a desenvolver unha identidade propia máis alá do simple acompañamento ó baile. Dende o principio compaxinou esta tarefa con alboradas, concertos e festas como formación instrumental autónoma.

Trala marcha de Moxenas, o grupo incorporou novos músicos e ampliou o seu repertorio dentro da música tradicional galega. Despois de máis de dúas décadas de traxectoria e 7 discos editados a formación despediuse dos escenarios en setembro de 2000. Recoñecementos

En 2017 recibiu o Premio Andaina Senlleira dos Premios Opinión de Música Folk, concedido en recoñecemento á súa traxectoria.

Membros Xosé Manuel Fernández (1978-2000) Nazario González Iglesias (Moxenas) (1978-1986) Manuel Vázquez (Rin-Rin) (1978-1986 e 1991-2000) Emilio Sotelino (Ata 1986) Xoán Somoza (???-1982) Xosé A. Rey (Ata 1982) Xosé Anxo Faílde (Ata 1986) Liño Figueroa (1985-2000) María Xosé López (1987-1997) Xurxo Cabaleiro (1990-2000) Magoia Bodega (1991-2000) Emilio Pichel (1991-2000) Diego García Rodríguez (1997-2000)

Discografía Parolada (1981) Muxicas (1986) O Demo Fungón (1988) Desafinaturum (1990) Escoitando medra-la herba (1992) No Colo do Vento (1996) Naturalmente (1998) 20 anos de camiño (1999) Álbum recompilatorio

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 1978 Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira