José Vázquez González, nado en Barroso (Barroso, Avión) o 13 de xaneiro de 1918, e finado no campo de concentración de Sachsenhausen o 24 de febreiro de 1944, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Nos campos de concentración estaba rexistrado con residencia na rúa Ventura de la Vega de Madrid, a onde puido emigrar antes do inicio da guerra civil española. Como amigo de José Vázquez figura Josef Cortis, tamén recluído nun lager. Como profesión consta maurer (albanel).
Pasou por varios campos. O primeiro do que hai constancia é o de Natzweiler, en Alsacia, a onde chegou o 21 de abril de 1943, asignándolle o número de prisioneiro 3 298. O 13 de maio do mesmo ano saíu cara a Bergen-Belsen, preto de Hannover.
O 2 de novembro de 1943 ingresou no campo de concentración de Flossenbürg, en Baviera, co número de prisioneiro 5 119, onde só permaneceu un mes e medio, pois foi transferido a Sachsenhausen, ao norte de Berlín, o 21 de decembro co número 74 527. Morreu dous meses despois.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Avión Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Madrid