A tiólise é unha reacción dun tiol (R-SH) que corta un composto en dous. A tiólise implica a adición de coencima A a un dos produtos. Esta reacción é similar á hidrólise, na que intervén a auga en vez do tiol. Esta reacción prodúcese na β-oxidación dos ácidos graxos. A despolimerización de taninos condensados co uso de bencil mercaptano como nucleófilo tamén se chama tiólise.

center|miniatura|400px|Exemplo de tiólise (tiol: CoA-SH).

Notas

Categoría:Reaccións de substitución Categoría:Taninos