Hubert Zehnacker, nado en Estrasburgo o 25 de marzo de 1933 e finado en París o 17 de xaneiro de 2021,"Zehnacker, Hubert (1933-2021)". Bibliothèque nationale de France (Catalogue.bnf.fr). foi un historiador, latinista e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.

Traxectoria

Hubert Zehnacker naceu en Estrasburgo o 25 de marzo de 1933.Amandry, M. (2021). "Décès d’Hubert Zehnacker (1933-2021)". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).

Logo da súa educación secundaria, en 1953 desprazouse a París para ingresar na École Normale Supérieure,"Zehnacker, Hubert". Association des anciens élèves, élèves et amis de l'École Normale Supérieure (Archicubes.ens.fr). e non sería ata 1971 cando se doutorou en Letras na Universidade de París."Zehnacker, Hubert (1933-2021)". Idref.fr

Entre 1958 e 1960 foi membro da Escola Francesa de Roma. Logo de finalizar esta estadía regresou á súa cidade natal en 1960, e exerceu como profesor na Universidade de Estrasburgo.

En 1983 acadou unha praza como profesor na Universidade Paris-Sorbonne, na que sucedeu a Pierre Grimal, e nesa universidade foi nomeado profesor emérito en 2005.

Nos seus estudos e nas súas investigacións aprécianse claramente en Zehnacker dous centros de interese: a historia literaria, como latinista —foi un erudito tradutor de Plinio— e a numismática. En concreto, na súa edición do Libro XXXIII de Plinio aglutina ambas as orientacións, xa que os parágrafos 42 ao 47 ofrecen unha breve visión xeral da historia da ceca de Roma.

O 8 de abril de 1961 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática, patrocinado por dous numismáticos sobranceiros que foron os seus mentores: Jacques Heurgon, daquela presidente da entidade, e Jean Lafaurie. En marzo de 1985 foi admitido como membro de pleno dereito e en marzo de 1999 ingresou no seu consello de administración, ata ocupar a presidencia da Sociedade durante o período 2001-2003."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)."Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314. Finalmente, foi elixido membro honorario en 2005.

Hubert Zehnacker finou en París o 17 de xaneiro de 2021.

Publicacións

Monografía

(1973). Moneta. Recherches sur l'organisation et l'art des émissions monétaires de la République romaine (289-31 avant J.-C.). École française de Rome, Roma.

Escolma de artigos

(1960). "Les «A commentariis praefectorum praetorio»: origine et évolution d'une fonction de l'administration impériale". En Mélanges de l'école française de Rome. 72. Páxinas 221-236. (1961). "Premiers portraits réalistes sur les monnaies de la République Romaine". En Revue Numismatique. 3. Páxinas 33-49. (1987). "Un trésor de monnaies défigurées de l'époque augustéenne". En Bulletin de la Société nationale des Antiquaires de France. Páxinas 51-54. (1990). "Rupture ou continuité: La monnaie romaine de Sylla à Auguste". En Bulletin de l'Association Guillaume Budé. 2. Páxinas 175-189. (1990). "Rome: une société archaïque au contact de la monnaie (Ve-IVe siècle)". En Publications de l'École française de Rome. 137. Pñaxinas 307-326. (2003). "Les lettres de Pline le Jeune, ou l'idéalisation du quotidien". En Vita Latina. 168. Páxinas 47-56.

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en 2021 Categoría:Nados en Estrasburgo Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Latinistas Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de París-Sorbona Categoría:Personalidades sen imaxes