Milkybar, tamén coñecido como Galak na maior parte de Europa continental e América Latina, é un doce de chocolate branco producido por Nestlé dende 1936 e comerciado internacionalmente (non se vende nos Estados Unidos, mais pode ser mercado online e atopado en tendas especializadas). Segundo Nestlé, Milkybar/Galak non contén colorantes, sabores nin conservantes artificiais.
Historia A marca Galak foi lanzada por Nestlé (nese momento Nestlé-Peter-Cailler-Kohler) en medio dunha forte competencia no mercado do chocolate suízo. Foi a primeira marca de chocolate branco.
Publicidade Neno Milkybar Dende 1961, emprégase ó Neno Milkybar en anuncios de televsión do produto. O Neno Milkybar é un neno louro con anteollos que normalmente viste de cowboy e cuxa frase recorrente é "The Milkybars are on me!" ("Os Milkybars son meus!"). Os anuncios normalmente tiñan lugar no Vello Oeste, e foron realizados tanto animados coma actuados. A personaxe foi sempre masculina, ata que en 2010 foi escollida a neozelandesa de 8 anos Hinetaapora Short. A personaxe foi creada por un equipo dirixido polo xefe de publicidade Mike Reynolds.
No Reino Unido, Australia e Nova Zelandia os anuncios foron nun inicio acompañados por unha canción que loubaba "a bondade que hai en Milky Bar". En réplicas máis recentes da campaña, a canción foi modificada para referirse ó "bo sabor que hai en Milkybar".
Galak Galak foi promovido empregando a serie de animación francesa de 1971 Oum le Dauphin Blanc, coas súas personaxes aparecendo en anuncios e envases. Nos anuncios, Yann e Marina xunto co golfiño Oum adoitaban derrotar viláns como piratas ou tiburóns. Nestlé deixou de empregar esta licenza en 2003. Porén, imaxes de Oum quedaban aínda en produtos que quedaran en stock e que foron vendidos en 2004, polo que os propietarios dos dereitos da serie demandaron á marca por regalías.
Variacións En 2018 foi lanzado Milkybar Wowsomes, un chocolate cun 30% menos de azucre que outros chocolates de Nestlé. O contido en azucre foi reducido procesándoo de tal forma que fose máis irado e poroso. Segundo Nestlé, isto fai que se disolva máis rápido na boca, facendo que saiba igual de doce que un Milkybar normal. They were released to meet consumer demand for healthier products. Wowsomes were discontinued in mid-2019 after achieving low sales. A Nestlé representative said this was as the chocolates were not as creamy as traditional Milkybar chocolate.
En 2019 lanzouse Milkybar Mix Ups, unha variedade de botóns de chocolate branco con recheo de cacao, e botóns de chocolate con leite con recheo de nata. Elabóranse empregando unha técnica similar á dos chocolates Rolo.
Rexionais En Australia e Nova Zelandia, Milkybar non contén masa de cacao nin manteiga de cacao e, por tanto, non está etiquetaxe como chocolate.
Milkybar é especialmente popular en Suráfrica. A versión local de Milkybar é un sucedáneo de chocolate branco feito con leite en po, azucre, e graxas vexetais (palma, carité, e illipe), producido por Nestlé South Africa. Se ben figura como "chocolate branco" na web de Nestlé e nalgunhas tendas, o Milkybar de Suráfrica non contén manteiga de cacao, ingrediente definitorio do verdadeiro chocolate branco.
Notas
Categoría:Lambetadas