Unha frecha litoral ou punta de area é un accidente xeográfico caracterizado por unha lingua, frecha, punta ou protusión da plataforma continental, xeralmente area, que sobresae cara o mar como resultado do depósito de sedimentos que este deposita.
A diferenza dun cordón litoral, que está unido á terra por dous extremos, a frecha só está unida á plataforma continental por un dos extremos. Cando a frecha litoral chega a se comunicar cun pequeno illote, entón pasa a se denominar tómbolo.
Xeomorfoloxía A frecha litoral, igual que acontece co resto de barreiras litorais, prodúcese fundamentalmente por sedimentación de materiais areosos ou de outras características, que forman unha protuberancia en forma de frecha ao se depositaren. Pódense formar tanto ao se depositaren sedimementos oceánicos como os procedentes de desembocaduras de ríos. A protuberancia adoita proxectarse paralela ao mar, aínda que tamén pode adoptar outras direccións. A diferenza do cordón litoral, só está unida ao resto do continente por un extremo.
Frechas litorais en Galicia miniatura|Frecha litoral na praia de Cesantes, en Redondela. Ao fondo a illa de San Simón, a ponte de Rande e as augas da ría de Vigo.
Frecha litoral da Ladeira
A frecha litoral da Ladeira atópase na parroquia nigranesa da Ramallosa, na foz que forma a desembocadura do río Miñor. Separa o estuario que forma o río Miñor na súa desembocadura coa baía de Baiona, na boca da ría de Vigo. Os materiais de sedimentación que proveñen do mar foron acumulándose ao longo dos séculos e depositándose en forma de area. Co paso dos anos, a barreira de area terminou de se unir ao resto do continente, formando a definitiva frecha litoral.
Outras frechas litorais galegas Debido á grande cantidade de quilómetros de costa e areais repartidos por toda a xeografía galega, atopamos numerosos exemplos de frechas litorais. Na parroquia redondelá de Cesantes, atópase a praia da Punta, un areal en forma de frecha que non chega a contactar por escasos metros coa illa de San Simón.
Na illa de Arousa, a frecha litoral que forma a praia do Vao é o lugar onde se alicerzou a ponte que une a illa homónima coa península.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cordón litoral Lagoa costeira
Categoría:Xeografía