A inmigración paraguaia en España (en ) conforma a comunidade de paraguaios e/ou descendentes de paraguaios residindo en España. Considérase a segunda máis importante fóra de Paraguai (logo da presente na Arxentina) e a máis numerosa en Europa, ademais de ser a de maior crecemento poboacional en España entre os anos 2000 e 2010 (+9000% de crecemento).

Historia miniatura|250px|Consultado de Paraguai en Barcelona. A comunidade paraguaia en España é a que máis crecemento poboacional rexistrou na última década. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística de España, a comunidade paraguaia no 2001 era de só 928 habitantes; mentres que para o ano 2012, esta cifra alcanzaría 87.536, crecendo máis do 9000% con respecto ao censo anterior.

Así mesmo, a comunidade paraguaia en España é a segunda máis numerosa fóra do Paraguai, detrás da que habita na Arxentina. Malia o masivo crecemento poboacional, nos últimos anos rexistrouse un leve decrecemento poboacional, pasando de 87.536 (2012) a 74.910 para o ano 2014, a consecuencia da repatriación de paraguaios, debido á crise económica presente no país europeo. Porén, a partir do ano 2016 e co novo crecemento económico do país, obsérvase un lixeiro repunte da migración, alcanzando a cifra de 80.218 cidadáns paraguaios empadroados en España a data de 2019.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Relacións España-Paraguai

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora paraguaia Categoría:Historia de Paraguai