Christian Augé, nado en Ferryville, Tunisia, o 2 de maio de 1943 e finado en París o 19 de agosto de 2016, foi un historiador, arqueólogo e numismático francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.

Traxectoria Christian Augé naceu en Ferryville —actual Menzel Bourguiba—, Tunisia, o 2 de marzo de 1943, e cursou os seus estudos de Letras na École normale supérieure de París, onde se graduou en 1963."Augé, Christian (1943-2016)". IdRef.fr

Desenvolveu toda a súa carreira no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS), unha institución da que foi director de investigación, responsable do equipo de Oriente Próximo helenístico e romano. O seu interese polas culturas orientais levouno a pasar gran parte da súa vida nesa rexión do mundo. A principios da década de 2000 instalouse en Xordania para dirixir a misión arqueolóxica francesa,Alpi, F.; Tholbecq, L. (2016). Páxina 412. dedicada ao santuario no centro de Petra, Qasr el-Bint, e continuou vivindo alí logo da súa xubilación, cando foi nomeado director de investigación honorario do CNRS."Décès de Christian Augé, ancien président de la SFN (1943-2016)". Société française de numismatique (Sfnumismatique.fr).Alpi, F.; Tholbecq, L. (2016). Páxina 411.

Un dos seus traballos máis salientables foi a súa contribución ao Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), para o que escribiu numerosas entradas sobre deidades orientais.

Augé foi tamén un numismático notable, e contribuíu decisivamente á formación de moitos numismáticos no Líbano, en Siria e en Xordania. Como tal, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, e un asiduo colaborador con artigos nas súas publicacións periódicas, todos eles dedicados á numismática de Siria e de Xordania. Entre 1999 e 2001 foi o presidente desta sociedade."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)."Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.

Augé finou en París o 19 de agosto de 2016.

Escolma de publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Christian Augé ao longo da súa traxectoria:Linant de Bellefonds, P.; Tholbecq, L. (2017). "Bibliographie de Christian Augé (1943-2016)". En Syria. Archéologie, Art et histoire. 24. Institut Francais du Proche-Orient, Beirut. Páxinas 363-368. "Augé, Christian". Persee.fr

Monografía (2000). Petra: The Rose-Red City: New Horizons (con J. M. Dentzer). Thames and Hudson. ISBN 978-0500300992

Artigos

(1976). "Un nouveau lexique d'iconographie de la mythologie classique" (con L. Ghali-Kahil). En Revue des Études Grecques. 89-424-425. Páxinas 80-82. (1986). "Note sur les monnaies de Doura-Europos 1984". En Syria. Archéologie, Art et histoire. 63-1-2. Páxinas 83-84. (1997). "Le début des tétradrachmes d'Athènes du "nouveau style" : un trésor trouvé près de Gaziantep en 1994" (con A. Davesne e R. Ergeç). En Anatolia antiqua / Eski Anadolu. 5. Páxinas 44-82. (2000). "Les monnaies de Ras Ibn Hani, près de Lattaquié et les guerres de Syrie". En Revue numismatique. 155. Páxinas 59-69. (2003). "Rémanences hellénistiques dans les monnayages provinciaux de Syrie et d'Arabie". En Revue Numismatique. 159. Páxinas 75-82.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alpi, F.; Tholbecq, L. (2016). "Christian Augé (Ferryville - Menzel Bourguiba, Tunisie, 2 mai 1943 – Paris, 19 août 2016)". En Syria. Archéologie, Art et histoire, 93. Institut Francais du Proche-Orient, Beirut. Páxinas 411-412.

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Tunisia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Personalidades sen imaxes