A igrexa de San Froilán é unha templo católico situado no casco histórico da cidade de Lugo. Está dedicada ao patrón da cidade, Froilán. Historia Orixinalmente formaba parte do antigo Hospital de San Bartolomeu ou de San Xoán de Deus, fundado en 1621 polo bispo de Lugo Alonso López Gallo. Prestaba asistencia a doentes e a peregrinos do Camiño Primitivo. A igrexa actual construíuse a mediados do século XVIII co apoio do bispo Francisco Izquierdo Tavira, e desde entón sufriu poucos cambios.
En 1857 o hospital sufriu un incendio que afectou a parte das instalacións, o que provocou que o Concello ordenase o derribo en 1877. A igrexa pasou a converterse en parroquia de San Froilán, se ben a escultura que preside a fachada do templo segue a representar a san Bartolomeu.
O templo sitúase acaroado ao colexio da Milagrosa, antes Escola de Nenas Pobres, a cargo desde 1900 das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.
Notas
Lugo
Categoría:Arquitectura relixiosa en Lugo