miniatura|dereita|300px|Estrutura do tetrahidrocannabinol (THC). Os cannabinoides son varias clases estruturais de compostos que se encontran principalmente na planta Cannabis ou son compostos sintéticos. O cannabinoide máis notable é o fitocannabinoide tetrahidrocannabinol (THC) (delta-9-THC), o principal composto psicoactivo do cánnabis. O cannabidiol (CBD) é un importante constituínte das plantas do cánnabis de climas temperados e un constituínte menor das variedades tropicais. Illáronse polo menos 113 fitocannabinoides distintos do cánnabis, aínda que só catro (THCA, CBDA, CBCA e o seu precursor común CBGA) teñen unha orixe bioxenética confirmada. Os fitocannabinoides tamén se atopan noutras plantas, como o rododendro, a regalicia e as hepáticas.

Os fitocannabinoides son compostos fenólicos con varios aneis relacionados estruturalmente co THC,Pate, DW (1999). Anandamide structure-activity relationships and mechanisms of action on intraocular pressure in the normotensive rabbit model. Kuopio University Publications A. Pharmaceutical Sciences Dissertation 37, mentres que os endocannabinoides son derivados de ácidos graxos. Entre os cannabinoides sintéticos non clásicos (cannabimiméticos) están os aminoalquilindois, os 1,5-diarilpirazois, as quinolinas e as arilsulfonamidas, así como os eicosanoides relacionados con endocannabinoides.

Usos Os usos médicos dos cannabinoides son o tratamento das náuseas debidas á quimioterapia, a espasticidade e posiblemente a dor neuropática. Efectos secundarios comúns son mareos, sedación, confusión, disociación e "sentirse eufórico".

Enfermidade de Parkinson O cánnabis pode proporcionar un alivio limitado a algúns síntomas da enfermidade de Parkinson, como a dor, problemas para durmir ou ansiedade, baseándose en pequenos estudos en humanos (2023–2024, con 10–50 participantes), pero non mellora os síntomas motores importantes, como tremores ou rixidez (non hai cambios significativos nos valores da Escala de Claificación Unificada da Efermidade de Parkinson). Un exame de 2023 nos Estados Unidos atopou un 46 % de pacientes de párkinson que experimentaron beneficios na dor e o insomnio. O Cannabis cru contén ácido tetrahidrocannabinólico (THCA, 15–30 % da planta) e ácido cannabidiólico (CBDA), que non son psicoactivos. Estudos en animais (2021–2024) suxiren que o THCA e o CBDA poden reducir a inflamación e protexer as células do cerebro en modelos de enfermidade de Parkinson, actuando como receptores CB2 e outras vías (por exemplo, canles TRP, PPARγ), a diferenza do tetrahidrocannabinol (THC) e o cannabidiol (CBD), que non están na planta crúa e que se forman cando esta se quenta (por exemplo, ao fumala, 105–150 °C). En 2025 ningún estudo humano testara o THCA ou o CBDA para a enfermidade de Parkinson. En rexións como a India, o cánnabis cru utilízase tradicionalmente para tratar tremores, pero iso carece de evidencias científicas. Os riscos inclúen mareos polo THC (12–20 % de abandonos nos estudos) e potenciais interaccións con medicamentos para o párkinson como a levodopa.

Receptores cannabinoides Antes da década de 1980 considerábase que os cannabinoides producían os seus efectos por interaccións non específicas coas membranas celulares e non con receptores unidos a membrana específicos. O descubrimento dos receptores cannabinoides na década de 1980 resolveu este debate. Estes receptores son comúns en animais e hai dous grandes tipos: CB1 e CB2, e as evidencias suxiren que deben existir outros receptores adicionais. O cerebro humano ten máis receptores cannabinoides que de calquera outro tipo de receptor acoplado á proteína G (GPCR).

O sistema endocannabinoide regula múltiples funcións, como o movemento, coordinación motora, aprendizaxe, memoria, emocións, motivación, comportamento similar ao adictivo, e modulación da dor.

Receptor cannabinoide tipo 1 Os receptores cannabinoides 1 (CB1) encóntranse principalmente no cerebro, especialmente nos ganglios basais, sistema límbico, hipocampo e corpo estriado. Tamén están presentes no cerebelo, e nos sistemas reprodutores masculino e feminino, pero están ausentes no bulbo raquídeo, que controla as funcións respiratorias e cardiovasculares. O CB1 tamén se atopa na parte anterior do ollo humano e na retina.

Receptor cannabinoide tipo 2 Os receptores cannabinoides 2 (CB2) localízanse principalmente no sistema inmunitario ou en células derivadas do sistema inmunitario, con diversos padróns de expresión. Unha subpoboación da microglía no cerebelo humano expresa CB2. Os receptores CB2 están ligados a efectos inmunomoduladores e posibles beneficios terapéuticos en modelos animais.

Fitocannabinoides miniatura|As brácteas que rodean un grupo de flores de Cannabis sativa están cubertas de tricomas cargados de cannabinoides. miniatura|Planta de Cannabis indica Os cannabinoides clásicos están concentrados nunha resina viscosa producida en estruturas coñecidas como tricomas glandulares. Da planta do Cannabis illáronse polo menos 113 cannabinoides diferentes.

Todas as clases derivan de compostos de tipo cannabixerol (CBG) e difiren principalmente na forma en que se cicla este precursor. Os cannabinoides clásicos derivan dos seus respectivos ácidos 2-carboxílicos (2-COOH) por descarboxilación (catalizada pola calor, luz ou condicións alcalinas).US 20120046352, Hospodor, Andrew D., "Controlled cannabis decarboxylization"

Cannabinoides ben coñecidos

Os mellor estudados son: tetrahidrocannabinol (THC), cannabidiol (CBD) e cannabinol (CBN).

Tetrahidrocannabinol O tetrahidrocannabinol (THC) é o principal compoñente psicoactivo da planta do cánnabis. O delta-9-tetrahidrocannabinol (Δ9-THC, THC) e o delta-8-tetrahidrocannabinol (Δ8-THC) inducen a síntese de anandamida e 2-araquidonoilglicerol por medio da activación do receptor intracelular CB1. Eses cannabinoides producen os efectos psicoactivos do cánnabis ao unírense a receptores CB1 do cerebro.

Cannabidiol O cannabidiol (CBD) é suavemente psicotrópico e contrarresta a alteración cognitiva asociada co uso do cánnabis. O CBD ten baixa afinidade polos receptores CB1 e CB2, pero actúa como un antagonista indirecto dos agonistas cannabinoides. É un agonista no receptor 5-HT1A e pode promover o sono e suprimir a excitación ao interferir coa captación de adenosina. O CBD ten o mesmo precursor que o THC e é o principal cannabinoide nas cepas de Cannabis dminantes para o CBD, reducindo potencialmente a perda de memmoria a curto prazo asociada co THC. Probas provisionais indican que o CBD podería ter efectos antipsicóticos, aínda que a investigación realizada é limitada. O CBD e outros cannabinoides teñen propiedades antimicrobianas, potencialmente evitando a resistencia antimicrobiana.

Cannabinol O cannabinol (CBN) é un cannabinoide suavemente psicoactivo que actúa como un agonista parcial de baixa afinidade en receptores CB1 e CB2. O CBN interacciona con outros sistemas neurotransmisores (por exemplo, dopaminérxico, serotoninérxico), que necesitan doses máis altas para teren efectos fisiolóxicos como unha leve sedación comparados co THC. Esta estrutura foi illada a finais da década de 1800, pero a súa estrutura non foi dilucidada ata a década de 1930, e conseguiuse a síntese química en 1940.

Biosíntese A produción de cannabinoides empeza cando un encima combina o xeranil pirofosfato e o ácido olivetólico para formar CBGA. O CBGA convértese en THCA, CBDA ou CBCA por distintas sintases, encimas deshidroxenases dependentes de FAD que diverxeron dun encima promiscuo antepasado común. Non hai conversión encimática de CBDA ou CBD en THCA ou THC. Os homólogos propilo (CBGVA, THCVA, CBDVA, CBCVA) seguen unha vía análoga desde o ácido divarinólico.

Posición do dobre enlace Cada cannabinoide pode existir en diferentes formas dependendo da posición do dobre enlace no anel de carbonos alicíclicos. Dentro do sistema de numeración do dibenzopirán, a principal forma do THC é o Δ9-THC, e unha forma menor é o Δ8-THC. No sistema de numeración do terpeno alternado estes son o Δ1-THC e o Δ6-THC, respectivamente.

Lonxitude A maioría dos cannabinoides clásicos son compostos de 21 carbonos, pero hai variacións na lonxitude da cadea lateral unida ao anel aromático. No THC, CBD e CBN, a cadea lateral é unha cadea pentil (5 carbonos). As variantes de cadea propil (3 carbonos) noméanse co sufixo varina (THCV, CBDV, CBNV), mentres que as variantes con cadea heptil (7 carbonos) denomínanse forol (THCP, CBDP).

Cannabinoides noutras plantas Os fitocannabinoides aparecen tamén noutras plantas, como Echinacea purpurea, Echinacea angustifolia, Acmella oleracea, Helichrysum umbraculigerum e Radula marginata. As especies de Echinacea conteñen alquilamidas similares á anandamida, dos que polo menos se idetificaron 25, algúns dos cales mostran afinidade polos receptores CB2. Están concentrados nas raíces e flores. A yangonina no Piper methysticum ten unha afinidade significativa polo receptor CB1. As catequinas do té (Camellia sinensis) mostran afinidade polos receptores cannabinoides. O beta-cariofileno, un terpeno do cánnabis e outras plantas, é un agonista selectivo do receptor CB2. As trufas negras conteñen anandamida. O perrottetineno,un cannabinoide moderadamente psicoactivo, atópase en variedades das plantas hepáticas Radula. O machaeriol A e compostos relacionados aparecen nas plantas fabáceas Machaerium.

A maioría dos fitocannabinoides son case insolubles en auga pero solubles en lípidos, alcohois e outros solventes orgánicos non polares.

Perfil da planta do cánnabis As plantas de cánnabis varían amplamente nos seus perfís de cannabinoides debido á seleción artificial. Cultívanse cepas de marihuana polo seu baixo contido en THC, xeralmente para obter fibra (cánabo), mentres que as cepas de uso médico poden dar prioridade a ter un alto contido de CBD, e as cepas recreativas procúrase que teñan alto nivel de THC ou balances específicos. A análise cuantitativa usa a cromatografía de gas soa ou combinada con espectroscopia de masas para medir o contido en cannabinoides. A comatografía líquida pode diferenciar as formas ácidas (por exemplo, THCA, CBDA) das neutras (por exemplo, THC, CBD). As restricións legais que hai en moitos países dificultan a monitorización dos perfís de cannabinoides

Farmacoloxía

Os cannabinoides adminístranse fumando, vaporizados, por inxestión oral, parches transdérmicos, inxección intravenosa, aborción sublingual ou supositorio rectal. A maioría son metablizados no fígado por encimas citocromo P450, principalmente CYP 2C9. A inhibición da CYP 2C9 pode aumentar a intoxicación. O Δ9-THC metabolízase a 11-hidroxi-Δ9-THC e despois a 9-carboxi-THC, detectable no corpo durante semanas debido á súa natureza lipófila e o seu almacenamento no tecido adiposo. O efecto séquito (entourage) suxire que os terpenos modulan efectos cannabinoides.

Modulación da actividade mitocondrial