miniatura|Illa de San Simón, lugar de campo de concentración do franquismo. As Madriñas de San Simón, tamén coñecidas como as Madriñas de RedondelaA meirande parte das mulleres organizadas para asistir aos presos en San Simón proviñan do Concello de Redondela, de aí a xeralización do nome "madriñas de Redondela", malia térense documentados casos de mulleres que acudían regularmente a San Simón, no mesmo contexto de labor humanitario, desde concellos como Vilaboa, Moaña ou Cangas (Bará, 2017). ou as Lavandeiras de San Simón, foi un colectivo de mulleres, principalmente lavandeiras, coñecidas por asistir, socorrer, coidar e informar, entre 1936 e 1943 os presos políticos encarcerados na illa de San Simón e no barco-prisión Upo Mendi durante a represión franquista. Durante a existencia do campo de concentración, no que centos de presos foron sometidos a traballos forzados, torturas e outras represalias, As Madriñas crearon unha rede organizada e clandestina para axudalos. Malia non teren moitas veces vinculación con eles, as mulleres arriscaban a vida para levarlles menciñas, alimentos, roupa limpa, e incluso mensaxes e cartas de familiares agochadas entre a roupa. Algunhas delas foron multadas, represaliadas e castigadas por exerceren o labor altruísta. Existen casos documentados de mulleres que incluso chegaron a casar cos presos.

O concello de Redondela declarou 2020 o Ano das Mulleres de San Simón. Existe unha rúa en Redondela que honra o seu labor e memoria, e na cidade de Vigo un club de fútbol gaélico leva tamén o seu nome. En 2021, o libro A lavandeira de San Simón de Eva Mejuto acadou o premio Follas Novas.

A illa de San Simón como campo de concentración miniatura|Illa de San Simón, cárcere e campo de concentración durante o franquismo.

A colonia penal de San Simón A partir de 1936, coa chegada da guerra civil española os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime, na súa maioría provenientes das zonas próximas como Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias, León ou do País Vasco. Ao contrario que acontecía na época en que se usou como lazareto, na que a illa máis grande (San Simón) se empregaba como lugar de corentena e a illa menor (Santo Antón) como lugar onde se illaban os leprosos, durante a etapa franquista a illa de maior tamaño usábase como centro penitenciario e a menor como lugar de aloxamento dos gardas e demais persoal da illa. Oficialmente, o franquismo referíase ao campo de concentración como "colonia penal". O muro do cemiterio da illa de Santo Antón usouse como paredón de fusilamento.

Estímase que ao redor de 6000 persoas foron encarceradas durante a guerra civil e a posguerra.Varela ‘perde’ a memoria histórica en San Simón 29/05/10 O buque Upo Mendi acolleu preto de 600 presos. Foi cualificada polos franquistas como colonia penitenciaria, aínda que a realidade era a dun campo de exterminio onde os presos políticos comunistas, republicanos ou socialistas eran asasinados.

Segundo as testemuñas dos sobreviventes, os máximos responsábeis do campo de concentración foron o director do cárcere, Fernando Lago Búa, bautizado coma "o carniceiro de San Simón" por provir dunha familia de carniceiros; e Petronilo Nieto ("padre Nieto"), un xesuíta vigués.

O propio Lago Búa organizou unha trama para extorsionar os presos, facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Outros moitas figuras participaron na rede de homicidios, traballos forzados e extorsión económica que daba falsas esperanzas aos presos de saíren da illa. Entre eles, destacan o médico forense Francisco Bustelo ou o garda civil Francisco González Rodríguez, alcumado "O Rabioso".

As condicións dos presos As condicións nas que permanecían os represaliados da illa, que se mantivo en funcionamento como prisión ata o ano 1943, incluían traballos forzados, fame, castigos e condicións climatolóxicas extremas no inverno. Existen testemuñas que sobreviviron que relatan condicións de alimentación nocivas, como alimentos en mal estado, rancho a base de mondas de patacas ou até ratos, o que os levaba a caeren enfermos e sufriren intoxicación alimentarias. Moitas destas intoxicacións eran consecuencia da inxesta de marisco cru que algúns reclusos tentaban conseguir do mar nos arredores da illa. A hixiene era mínima, a auga potábel escasa e hai evidencias de presos cuxas feridas se infectaban ou surtos de piollos e outros parasitos. Os reclusos durmían amoreados no chan nun espazo duns 35 a 45 centímetros para cada un deles. O xornalista e escritor Diego San José relatou non só fusilamentos e torturas, senón tamén acumulación e amoreamento de cadáveres. Das aproximadamente 666 mortes na illa, unhas doce defuncións diarias, a metade non foron por homicidio senón polas condicións penúricas do campo de concentración, como doenzas infecciosas ou avitaminoses.

O labor das Madriñas miniatura|Porto de Cesantes. Unha rede de solidariedade A rede colectiva de asistencia humanitaria aos presos asentábase principalmente no concello de Redondela, e máis concretamente na parroquia de Cesantes. A proximidade da illa co porto de Cesantes e os peiraos da parroquia, de apenas uns centos de metros, facía que o traxecto máis curto á illa en barco fose desde esas localizacións. Porén, documentáronse tamén mulleres doutros concellos da contorna como Vilaboa ou Moaña.

As Madriñas eran fundamentalmente mulleres de familias vinculadas ao movemento republicano. De xeito clandestino e baixo risco de seren represaliadas, lavaban e cosían a roupa dos presos, proporcionábanlles alimentos e medicamentos, e entregábanlles correspondencia dos seus familiares. Na maioría das ocasións, as mulleres non posuían ningún vínculo familiar nin persoal cos presos. Porén, proporcionábanlles soporte humanitario, mais tamén apoio, solidariedade e afecto, xa que ademais de estaren presos, outro dos métodos de tortura do réxime franquista era separar os presos das súas familias. A organización era tal que, co fin de distribuír dun xeito máis eficiente a comunicación dos presos coas familias, cada madriña encargábase de entre un e tres presos.

Outra labor que desenvolveron as madriñas foi a de acoller, xestionar, facilitar e asistir a familiares dos presos, que en moitos casos proviñan de outros lugares da península. As madriñas acollían de xeito clandestino no seu domicilio ás irmás, parellas e, en xeral, mulleres familiares dos presos, que non tiñan recursos para se manter hospedades durante longas tempadas fóra do seu fogar. Moitas outras, porén, sí alugaban casas particulares a ditos familiares.

Os barqueiros Nunha época onde lavar a roupa implicaba acudir a lavadoiros ou ríos, e por tanto expoñerse publicamente, moitas das lavandeiras sufriron represalias físicas e verbais. A roupa limpa era transportada á punta de Cesantes, a frecha que forma a praia homónima, e que corresponde co punto máis achegado a illa. Alí, os barqueiros transportaban a roupa, con alimentos e correspondencia agochados entre elas. Tamén están documentados outros lugares de abastecemento, como o peirao da Portela, construído en 1919, onde os barqueiros Faustino Otero e Isidoro Otero tamén transportaban subministración aos presos. No período de posguerra no que se desenvolveu o campo de concentración, a fame e a escaseza de alimentos facían moito máis meritorio a entrega de comida aos presos. Os irmáns Veloso, ademais, prestaron axuda tamén a ducias de xudeus que fuxiran durante a segunda guerra mundial. Así, a solidariedade da poboación da contorna da illa de San Simón cobrou unha organización transversal entre as mulleres que asistían aos presos e organizaban a axuda, e os barqueiros que transportaban as propias madriñas á illa.

As represalias O traballo e solidariedade das madriñas ou lavandeiras non estivo exento de riscos e consecuencias. Moitas delas eran, cando menos, ameazadas, insultadas e aldraxadas. Ás veces eran obxecto de sancións económicas. Ademais, o xeito de se descubrir que prestaban axuda pasa a situalas no foco público e baixo a vixía da ditadura.

A madriña Emilia Cabaleiro, que axudou a catro homes perseguidos, foi torturada, mutilada e asasinada. Tamén foi violada e asasinada Rosario Hernández, guindada ao fondo da ría atada a unha prancha de ferro.

Do anonimato ao recoñecemento miniatura|Lápida de Ernestina Otero e o seu pai, Luís Pereira Míguez, de profesión farmacéutico. Na botica deste, Ernestina Otero realizaba labores de limpeza, preparación de fármacos e alimentos para os presos políticos encarcerados en San Simón. miniatura|Fotografía de Peregrina López Ochoa con dous dos seus fillos, coa illa de San Simón ao fondo. Malia que por razóns obvias, como as potenciais represalias por axudar presos republicanos durante o franquismo, diversas iniciativas buscaron co paso do tempo honrar e recoñecer a algunhas das mulleres que se organizaron para proporcionar axuda humanitaria aos presos. En 2021, a asociación Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes realizou unha exposición fotográfica co nome de As mulleres da illa, onde se homenaxeou nove mulleres que teceran a rede solidaria de axuda aos represaliados da illa. En total, grazas a testemuñas de familiares e fotografías, documentáronse até 55 mulleres que formaban a rede de solidariedade cos presos.

Algunhas das mulleres pertencentes ao colectivo das madriñas ou lavandeiras transcenderon o anonimato. A mestra e pedagoga redondelá Ernestina Otero, que en 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a prol do Estatuto de Autonomía, foi unha das mulleres que máis claramente foi documentado o seu labor humanitario na illa. Na botica que posuía a farmacia familiar, Ernestina Otero contribuíu a lavar roupa, cociñar e mesmo levar medicamentos aos presos. Foi detida en varias ocasións e desposuída da súa cátedra.

Outra madriña, Vicenta Fernández Vilar, coñecida popularmente como A Bichiña, entregou de xeito regular cartas da súa familia a un preso da cidade de Valladolid. Vicenta traballaba na fábrica téxtil de Regojo, onde entre outras cousas se tecían os uniformes do exército por aquel entón.Ademais, Vicenta acollera no seu domicilio a irmá dun preso, que viaxara até Redondela para estar máis preto do seu irmán.

A propia Rita Regojo, muller do propietario e con vínculos co republicanismo, pediulles ás empregadas da fábrica que lles levasen clandestinamente alimentos aos presos. De feito, no propio cárcere de San Simón estivo preso Diego San José, amigo da familia Regojo e familia política do curmán de José Regojo, Reveriano Soutullo. O propio Diego San José agradeceulle a Rita Regojo nun dos seus libros:

Encarnación Alonso Cabaleiro e Agustina Alonso Cabaleiro, coñecidas coma as irmás Alonso, lavaban e desparasitaban roupa e aparellos, e eran unhas das encargadas de transportar os paquetes coa roupa limpa. Ambas vivían no lugar do Carballiño, na parroquia de Cesantes, polo que se atopaban moi próximas á beira do mar e á illa.

Peregrina López Ochoa, mariscadora e labrega de Cesantes, prestou axuda humanitaria a dous presos de Bilbao e Andalucía: José Luís e Paulino, os cales continuaron a ter contacto con ela cando saíron da prisión. Peregrina foi vítima e aldraxes e insultos por parte de falanxistas.