Manbiki Kazoku (en ) é un filme dramático xaponés de 2018 escrito, dirixido e editado por Hirokazu Kore-eda. Está protagonizado por Lily Franky e Sakura Ando, e conta a historia dunha familia que depende do roubo en tendas para afrontar unha vida de pobreza.
Kore-eda escribiu o guión reflexionando sobre o que fai unha familia, inspirado por informes sobre a pobreza e o roubo en tendas no Xapón. A fotografía principal comezou a mediados de decembro de 2017.
Manbiki Kazoku estreouse o 13 de maio de 2018 no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018, onde gañou a Palma de Ouro. Estreouse no Xapón o 8 de xuño de 2018 e foi un éxito de crítica e público. Gañou tres Premios de Cinema de Mainichi, incluíndo mellor filme, e o Premio Asia Pacific Screen ao mellor filme. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Personaxes
Lily Franky como Osamu Shibata Sakura Ando como Nobuyo Shibata Mayu Matsuoka como Aki Shibata Kairi Jo como Shota Shibata Kirin Kiki como Hatsue Shibata Miyu Sasaki como Yuri/Juri Hojo/Rin Sosuke Ikematsu como 4 ban-san Naoto Ogata como Yuzuru Shibata Yoko Moriguchi como Yoko Shibata Aju Makita como Sayaka Shibata Yūki Yamada como Yasu Hojo Moemi Katayama como Nozomi Hojo Kengo Kora como Takumi Maezono Chizuru Ikewaki como Kie Miyabe Akira Emoto como Yoritsugu Kawado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hirokazu Kore-eda Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes sobre familias