Albert Vinicio Báez, nado en Puebla o 15 de novembro de 1912 e finado en Redwood City (California, Estados Unidos) o 20 de marzo de 2007, foi un físico mexicano nacionalizado estadounidense. Tamén coñecido por ser o pai da artista e cantante Joan Báez.
Traxectoria Aínda que naceu en Puebla, debido ao traballo do seu pai como ministro metodista, mudouse primeiro a Texas e máis tarde a Brooklyn, Nova York, onde creceu. Ao principio, considerou converterse el mesmo en ministro, pero máis tarde sentiuse atraído polas matemáticas e a física, graduándose na Universidade Drew en 1933. En 1935, obtivo un máster na Universidade de Syracuse. A principios dos anos corenta chegáronlle a ofrecer participar no Proxecto Manhattan onde se xestou a bomba atómica, pero decidiu rexeitar a invitación por problemas de conciencia.
En 1948, xunto a Paul Kirkpatrick, profesor da Universidade Stanford desenvolveu o microscopio de raios X, apto para examinar células vivas. Co comezo da Guerra Fría, cara a 1950, Albert Baez foi contactado en diversas oportunidades para desenvolver armas na lucrativa industria armamentista. Con todo, baseado nas súas crenzas relixiosas e conviccións persoais e familiares, Baez preferiu manterse no ámbito do ensino e especialmente no humanismo.
Notas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en 1912