Jaime Garrido Moya, nado en Madrid o 19 de abril de 2003, é un futbolista madrileño que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Deportivo Fabril da Segunda Federación.

Traxectoria Fuenlabrada Tras comezar a súa formación deportiva co AD Parla e co CA Pinto, en 2019 ingresou nas categorías inferiores do Club de Fútbol Fuenlabrada. O seu debut sénior co Fuenlabrada B tivo lugar o 30 de xaneiro de 2022, cando foi titular nun partido contra o RSC Internacional FC da Preferente Madrid. Tres días despois anotou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 3-0 perante o CF Inter de Valdemoro.

Na tempada 2022/23 foi asignado ao Fuenlabrada Promesas da Terceira Federación.

Alcorcón En xullo de 2023 foi fichado pola Agrupación Deportiva Alcorcón e foi inicialmente asignado ao club filial, aínda que realizou adestramentos co primeiro equipo. A estrea profesional de Garrido na Segunda División tivo lugar o 14 de agosto de 2023, cando foi o substituto de Jacobo González nun partido do Alcorcón contra o Club Deportivo Mirandés.

Deportivo Fabril O 13 de xullo de 2024 anunciouse a chegada de Jaime Garrido ao Deportivo Fabril da Segunda Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jaime Garrido en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril