miniatura|Rexistro de Santiago Durán en Mauthausen. miniatura|Rexistro de Santiago en Dachau. Santiago Durán Durán (ou Gómez), nado en Orega (Leiro) o 25 de agosto de 1915 e finado en Sablet (Vaucluse) o 26 de xuño de 1963, foi un refuxiado galego, deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Fillo natural de Rosa Durán Gómez , vivía en Alcalá de Henares antes do inicio da guerra civil española. Militante da Confederación Nacional do Traballo na sección de Zapateiros, o 29 de xullo de 1936 ingresou na columna do tenente coronel Francisco del Rosal Rico, pertencente ao 2º batallón das Milicias Confederais da Rexión Centro.
Detido polas tropas alemás en Amiens o 25 de maio de 1940, ingresou no Stalag VII-A Moosburg, ata que o 6 de agosto de 1940, no primeiro convoi de españois, entrou no campo de Mauthausen. O seu número era o 3363. O 29 de marzo de 1941 foi transferido a Gusen. O 9 de novembro de 1942 foi trasladado ao campo de Dachau, rexistrado co número 38852. Clasificado como "preso preventivo rotspanier", estivo destinado no Kommando Kesselhaus (sala das caldeiras). Foi liberado en Dachau o 29 de abril de 1945.
No ano 1952 o cura da parroquia de Orega remitiu unha partida de bautismo de Santiago Durán ao concello francés de Sablet (Vaucluse), onde seguramente viviu neses anos. Despois, segundo se recolle na súa ficha de refuxiado en Francia, viviu en Briançon (Altos Alpes).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Libros del Asteroide. ISBN 978-84-16213-01-6. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945) (en castelán). Madrid: Ministerio de Cultura. ISBN 9788481812909. Federación Nacional de Deportados e Internados, Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración (en castelán). Barcelona: Petronio. Fondation Mémoire Déportation (2004). Livre-Mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas par mesure de persécution 1940-1945 (4 volumes) (en francés). París: Tirésias. ISBN 978-2915293050. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices (en castelán). Barcelona: Ediciones B. ISBN 978-8466655880. Wachsmann, Nikolaus (2015). KL. Historia de los campos de concentración nazis (en castelán). Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 978-8498928723.
Categoría:Nados en Leiro Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Galegos de Francia