A gaivina de cara branca (Chlidonias hybridus ou Chlidonias hybrida) é unha ave mariña da familia Laridae (antes clasificábase na familia Sternidae). Ten diversas razas xeográficas que se diferencian polo tamaño e algúns pequenos detalles da plumaxe.
Descrición A plumaxe na época de cría e gris escura, os adultos teñen as meixelas brancas, feito que lles dá o seu nome. Ten na cabeza unha pucha negra característica. A cola é curta e ten forma de galleto. O bico é forte (mide de 29 a 34 mm nos machos e de 25 a 27 mm nas femias). En inverno a plumaxe son dun gris moito máis pálido, e a fronte é branca. A plumaxe dos exemplares novos é semellante á plumaxe invernal dos adultos, agás polo lombo de cor xenxibre.
Costumes Os exemplares tropicais son sedentarios, pero os que viven en Europa e Asia emigran en inverno a ägfrica e o sur de Asia. Cría en colonias, a miúdo mesturado con algunhas especies de gaivota. Poñe, entre maio e xuño, uns 3 ovos.
Aliméntase de peixes pequenos, crustáceos e insectos que captura na superficie da auga.
Subespecies C. h. hybridus, a forma tipo, cría en Europa e Asia. C. h. delalandii, máis escuro e co bico máis curto é natural do leste e sur de África. C. h. javanicus, de cor máis pálida cá forma tipo, vive dende a illa de Xava a Australia.
Galería
Véxase tamén
Categoría:Estérnidos Categoría:Láridos Categoría:Animais descritos en 1811 Categoría:Aves de Eurasia