Adrián "Adri" Embarba Blázquez, nado en Madrid o 7 de maio de 1992, é un futbolista español que xoga de extremo dereito no Almería, da Segunda División.
Traxectoria Formado nas canteiras do Real Madrid, o Alcalá, o Leganés e o Getafe, debutou na Terceira División na tempada 2011/12, nas filas do CD Marchamalo, antes de pasar polo Carabanchel.
En xullo de 2013 fichou polo Rayo Vallecano, sendo destinado ao filial, tamén en Terceira. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 30 de agosto dese ano, substituíndo ao galego Iago Falque nun partido contra o Levante. Militou no primeiro equipo de Vallecas ata 2020, acadando os 240 partidos e 20 goles.
O 23 de xaneiro de 2020 foi traspasado ao Espanyol, despois de que este club pagase os 10 millóns de euros da súa cláusula de rescisión. Tras descender na súa primeira tempada, foi unha das pezas principais do equipo no seu regreso á máxima categoría na campaña seguinte, anotando nove goles.
No 2022 fichou polo Almería e en 2024 regresou ao Rayo Vallecano, antes de recalar de novo no Almería en 2025.
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do RSD Alcalá