A inmigración romanesa en España (en ) fai referencia ao movemento migratorio dende Romanía a España. Os romaneses en España conforman a terceira comunidade de romaneses máis grande de Europa e do mundo, fóra de Romanía. Son, á súa vez, a cuarta nacionalidade estranxeira máis numerosa en España. Malia a crise económica que afectou a España a partir 2008, esta nacionalidade seguiu medrando, aínda que máis lentamente, até chegar en 2012 a un máximo de 895 970 inmigrantes desta nacionalidade ou preto dun sexto do total de 5 711 040 inmigrantes, segundo cifras do INE. Dende entón, a inmigración romanesa diminuíu até as 644 473 persoas en 2021.
As razóns polas que chegan a España son principalmente económicas, ao ser máis altos os salarios en España que en Romanía. Outra razón é a proximidade lingüística do romanés co castelán, sendo ambas as linguas romances.
Coa reimplantación do permiso de traballo aos romaneses, autorizado pola Comisión Europea en agosto de 2011, os cidadáns de Romanía que pretendan vir traballar a España por conta allea deberán tramitar unha autorización previa baseada na existencia dun contrato laboral. A medida non afectará os romaneses que residan xa en España e poidan acreditar que están inscritos no paro ou dados de alta na Seguridade Social, segundo o Ministerio de Traballo.
Estatísticas
A Unión Europea levantou o 1 de xaneiro de 2014 as restricións aos movementos de traballadores de Bulgaria e Romanía, unha decisión que o comisario europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, confía en que axude a reducir o desemprego no bloque comunitario, onde estima que existen dous millóns de empregos non cubertos.
En España, os traballadores precisaban contar cun permiso de traballo para empregarse por conta allea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relacións España-Romanía
Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora romanesa Categoría:Historia de Romanía