García Prego de Montaos e Soutomaior, finado en Redondela en 1566, foi un relixioso galego.

Traxectoria García Prego de Montaos foi cóengo da catedral de Tui, arcediago de Vila Nova de Cerveira e párroco de Vilavella (Redondela). En 1501 iniciou a construción do convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella, rematado en 1554. Faleceu en 1566 e foi soterrado na igrexa de Vilavella.J. Migueles (2010) Notas

Véxase tamén Outros artigos Pazo de Petán Casa da Torre

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Finados en 1566 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido