A crise inmobiliaria española de 2022–2026 é unha crise habitacional de carácter estrutural que afecta o mercado da vivenda, marcada polo encarecemento sostido dos prezos de compravenda e alugueiro, un acusado déficit de oferta residencial e crecentes barreiras de acceso a unha vivenda digna. O fenómeno responde a unha combinación de factores como o aumento da demanda habitacional, a escaseza de chan edificable, a expansión do alugueiro turístico, a especulación inmobiliaria e o reducido parque de vivenda social.
Entre 2022 e 2024, o prezo medio da vivenda creceu máis dun 12 % interanual en varios períodos, mentres que o alugueiro acumulou unha subida próxima ao 30 % desde 2022. Segundo o Banco de España, o déficit de vivendas sitúase entre 450 000 e 600 000 unidades, mentres que a vivenda pública representa apenas o 1,5 % do parque residencial nacional, fronte ao 9 % da media europea.
Na comunidade autónoma galega a vivenda é un luxo, e só tres de cada dez persoas menores de 35 anos téñena en propiedade.
A Comisión Europea advertiu que esta situación podería prexudicar o crecemento económico e a cohesión social de España se non se acometen reformas estruturais en materia de urbanismo, chan e vivenda.
Hoxe en día o mercado inmobiliario converteuse nun dos principais dispositivos de desigualdade do capitalismo contemporáneo, como amosa o sociólogo Javier Gil no libro Generación inquilina (Capitán Swing).
Notas
Categoría:2025 en España Categoría:2024 en España Categoría:2022 en España Categoría:2023 en España