Palestine Cola é un refresco de cola comercializado pola marca Safad Food, aveciñada en Malmö (Suecia). A bebida foi lanzada ó mercado en febreiro de 2024 como alternativa a Coca-Cola e Pepsi, as cales están a ser boicotadas por algunhas persoas no marco do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións, cuxo seguimento aumentou tralo inicio da Guerra de Gaza. Tras o éxito en Escania e o resto de Suecia, a compañía comezou a exportar ó resto de Europa, EUA, Suráfrica, Sri Lanka, Mauricio e Trinidad e Tobago en outubro de 2025.

Safad Food AB é propiedade e está operado por un grupo de irmáns descendentes dunha familia desprazada durante a Nakba de 1948, Safad é o topónimo árabe de Safed, unha cidade hoxe controlada por Israel. A compañía declarou que destinaría todos os seus beneficios a axuda humanitaria en Palestina, mais en outubro de 2025 a maior parte dos fondos non se empregaran neses proxectos. Safad Food afirmou que os obstáculos na entrega de axuda a Gaza atrasaran o uso dos fondos.

Despois do lanzamento de Palestine Cola, Safad Food expandiuse coa marca Palestine Drinks, incluíndo refrescos sabor laranxa e lima/limón, así coma unha bebida enerxética.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bebidas de cola Categoría:Empresas de Suecia