A inmigración cubana en España refírese ao movemento migratorio dende Cuba cara ao Reino de España. A comunidade cubana de España é das máis numerosas en Europa. Os cubanos concentráronse principalmente nas comunidades autónomas das Canarias, a Comunidade de Madrid e Cataluña. España e os Estados Unidos son os destinos preferidos para a diáspora cubana.

Estatísticas En 2021, uns 61.909 cubanos sen dobre nacionalidade residían en España. A metade deles ten entre 16 e 44 anos de idade e residen principalmente nas Canarias, Madrid e Cataluña.

Un dos motivos de inmigración son as cuestións familiares. Mentres que unha parte dos cubanos emigrantes van a España para reunirse cos seus familiares, que xa fan a súa vida en cidades como Madrid, Tenerife, Barcelona e Valencia, outros cubanos buscan volver a España a través das súas raíces, a chamada «lei de netos» (véxase Lei de Memoria Histórica de España), que estende a nacionalidade a todos os descendentes de españois exiliados despois da guerra civil española de 1936-39. A lei tamén permitiu aos novos nacionalizados cobrar unha axuda de retornado e a unha paga de 462 euros mensuais, acreditando que non se dispón de medios para vivir. Cara a 2013 o Ministerio de Interior español informou que 183.000 cubanos foron nacionalizados españois a través desta lei.

Existen outros motivos principais entre a inmigración cubana como a procura de oportunidades laborais, estudos e políticos.

Ano Residentes cubanos 1998 31.223 2003 65.737 2009 100.451 2013 124.812201745.598202161.909

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Relacións Cuba-España

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora cubana Categoría:Historia de Cuba