Hamnet é un filme de drama histórico de 2025 dirixido por Chloé Zhao e coescrito xunto a Maggie O'Farrell, que está baseado na novela homónima de 2020 da propia O'Farrell. Protagonizada por Jessie Buckley e Paul Mescal, con Emily Watson, Joe Alwyn e Noah Jupe en papeis secundarios, a película ficcionaliza a relación entre Agnes e William Shakespeare e o impacto que tivo nas súas vidas a morte do seu fillo Hamnet aos once anos durante unha epidemia de peste, e cómo esa traxedia inspirou a escritura de Hamlet. É a primeira produción de Amblin Entertainment distribuída por Focus Features.
Premios e nomeamentos O filme gañou os Globos de Ouro a mellor película dramática e mellor actriz dramática, recibiu once nomeamentos aos BAFTA e foi nomeada en oito categorías da 98ª edición dos Óscar, incluíndo os Oscar ao mellor filme, mellor directora e mellor actriz, sendo este último o que gañou.
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chloé Zhao Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes rodados en Gales Categoría:Filmes de Focus Features