Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

Proceso de candidatura Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Istanbul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.

Xogos Olímpicos de 2000101º Sesión do Comité Olímpico Internacional23 de setembro de 1993, Monte Carlo, MónacoCidadePaísVotaciónSidneyAustralia30303745PequínChina32374043ManchesterReino Unido111311-BerlínAlemaña99--IstanbulTurquía7--- miniatura|250px|Estadio Olímpico de Sidney cheo durante a competición de atletismo. Cerimonia de Apertura miniatura|Disputa do balonmán durante os Xogos de Sidney 2000.

O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos. Esta mesma atleta gañaría despois a medalla de ouro nos 400 metros lisos.

As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.

Catro atletas de Timor Leste, recentemente independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).

Atletas destacados

Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.

Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.

O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.

O sistema de selección de deportistas olímpicos en cada país tamén deu lugar a situacións rechamantes, como a de Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial. Tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos deportistas destacados da competición.

Modalidades disputadas Nestes Xogos, o tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.

miniatura|Participantes. Atletismo Bádminton Béisbol Baloncesto Boxeo Piragüismo Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Halterofilia Balonmán Hípica Hóquei sobre herba Judo Loita Natación sincronizada Natación Péntatlon moderno Wáter-polo Remo Saltos de trampolín Softball Taekwondo Tenis Tenis de mesa Tiro Tiro con arco Tríatlon Vela Voleibol

Cadro de medallas Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 40 24 33 97 2 32 28 28 88 3 28 16 15 59 4 16 25 17 58 5 13 17 26 56 6 13 14 11 38 7 13 8 13 34 8 12 9 4 25 9 11 11 7 29 10 11 10 7 28 11 11 6 9 26 12 8 10 10 28

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do COI sobre os Xogos Olímpicos de Sidney

Categoría:Deporte en 2000 Categoría:Xogos Olímpicos Categoría:Deporte en Australia