As eleccións ao Parlamento escocés celébranse cada catro anos dende 1999.
Sistema electoral O sistema de eleccións ao Parlamento escocés baséase nunha dobre votación por circunscricións e rexións electorais.
O voto por circunscricións As papeletas electorais para os votos ás circunscricións son de cor crema. Existen 73 circunscricións electorais en Escocia, e cada unha delas elixe o seu representante. A diferenza de poboación é moi pequena entre unha e outra circunscrición, e sitúanse ao redor dos 80.000 habitantes. Só as illas Shetland e Órcadas están sobrerrepresentadas pola súa escasa poboación.
É elixido deputado no parlamento escocés aquel ou aquela candidata que consiga un voto máis có resto. É o que se coñece como first-past-the-post, ou sexa, o primeiro que chega, gaña.
O voto por rexións As papeletas electorais para os votos ás rexións electorais son de cor violeta. Existen oito rexións electorais, e cada unha delas escolle sete deputados. As rexións teñen ao redor de 600.000 electores.
Aínda que se produce unha nova votación para este sistema, o voto por rexións é considerado complementario do de circunscricións, e procura compensar a proporcionalidade que se perde co sistema de elección directa. Para achar o número de deputados que se lles outorga a cada unha das candidaturas, divídese o número de votos recibidos na urna rexional polo número, máis un, das circunscricións en que obtiveron a vitoria. Así, se unha formación gaña en cinco circunscricións, divídese o seu voto rexional por seis. Despois realízase unha asignación semellante á Lei d'Hont, escollendo os mellores cocientes, e facendo subdivisións por divisores maiores ata completar os sete deputados rexionais.
Resultados Eleccións ao Parlamento de Escocia de 1999 Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2003 Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2007 Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011