O (11577) Einasto é un asteroide do cinto principal. Recibiu o seu nome na honra do astrofísico estoniano Jaan Einasto, pioneiro no estudo da materia escura no universo en 1974, e que obtivo a estrutura de células regulares na distribución a grande escala dos supercúmulos de galaxias en 1977. Científico activo, escribiu máis de 250 artigos.
Descrición Foi descuberto o 8 de febreiro de 1994 no observatorio La Silla, no norte de Chile, polo astrónomo belga Eric Walter Elst. Ten unha órbita caracterizada por un semieixo maior de 2,45 UA, unha excentricidade de 0,15 e unha inclinación de 4,0° con respecto á eclíptica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Cinto de asteroides Lista de asteroides Lista de asteroides notables
Categoría:Asteroides