O Son do Camiño é un festival de música que se celebra anualmente no Monte do Gozo, nos arredores da cidade de Santiago de Compostela, nos meses de maio ou xuño. Comezou a celebrarse en 2018, e debe o seu nome ao Camiño de Santiago. Está xestionado polo fondo de inversións Kohlberg Kravis Roberts.
Historia A primeira edición do festival celebrouse entre o 28 e o 30 de xuño de 2018, con artistas como The Killers, Jamiroquai, Lenny Kravitz, Martin Garrix, Lost Frequencies, Don Diablo ou C. Tangana.
A segunda edición celebrouse entre o 13 e o 15 de xuño de 2019, con artistas como David Guetta, Rosalía, Black Eyed Peas, Die Antwoord, Bastille, Vetusta Morla ou Bad Gyal.
A terceira edición íase celebrar entre o 18 e o 20 de xuño de 2020 pero tivo que ser suspendida por mor da pandemia de COVID-19. No seu cartel figuraban artistas como Bad Bunny, Daddy Yankee, Jason Derulo, Liam Gallagher, The Chemical Brothers, The National, Timmy Trumpet ou Kase.O.
Tras o parón obrigado por mor da pandemia de COVID-19, O Son do Camiño regresou coa súa terceira edición en 2022, celebrada entre os días 16 e 18 de xuño. Nesta ocasión os cabezas de cartel foron Tiësto, C. Tangana, Jason Derulo, Anuel AA, Liam Gallagher, Dani Martín, Nathy Peluso, The Chemical Brothers, Sebastián Yatra ou Kase.O, entre outros. O 10 de xuño, durante a montaxe do escenario principal, seis traballadores resultaron feridos ao derrubarse a estrutura metálica.
A cuarta edición do festival celebrouse entre os días 15, 16 e 17 de xuño. Os cabezas de cartel para esta edición foron Bizarrap, Aitana, Maluma, Leiva, Duki e The Kooks, entre outros. Nesta ocasión reuniu máis de 130.000 asistentes, récord das catro edicións.
A quinta edición do festival celebrouse os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño de 2024. Os cabezas de cartel nesta ocasión foron Green Day, J Balvin, Pet Shop Boys, Thirty Seconds to Mars, Myke Towers e Melendi.
A sexta edición celebrouse os días 12, 13 e 14 de xuño de 2025. Os cabezas de cartel foron Duki, Bryan Adams, Franz Ferdinand, Kasabian, Bad Gyal, Kase.O, The Prodigy, Estopa e Amaral.
Edicións 2018 Xoves 28 de xuño: Escenario 1: The Killers, Franz Ferdinand, Talisco, Triángulo de Amor Bizarro e Sexy Zebras Escenario 2: Carlos Sadness, Rufus T. Firefly, Republica, Agoraphobia, Bala e The Niftys Venres 29 de xuño: Escenario 1: Jamiroquai, Two Door Cinema Club, Residente, The Gift e Malandrómeda Escenario 2: La M.O.D.A., Toundra, L.A., Plya, Furious Monkey House e True Mountains Sábado 30 de xuño: Escenario 1: Lenny Kravitz, Mando Diao, Novedades Carminha, The Last Internationale e Måneskin Escenario 2: C. Tangana, León Benavente, Morgan, Arce, Eladio y los Seres Queridos e Terbutalina
2019 Xoves 13 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Bastille, Richard Ashcroft, Royal Republic e Kitai Escenario Galicia: Beret, Graveyard, Second, Molina Molina e Alice Wonder Venres 14 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Rosalía, Bloc Party, Iván Ferreiro, Igloo e Moito! Escenario Estrella Galicia: Shinova, Hard GZ, Marem Ladson e Cariño Sábado 15 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Iggy Pop, Vetusta Morla, The Hives, Electric Pyramid e Ortiga Escenario Galicia: Bad Gyal, Full, Familia Caamagno, Baiuca e Mordem
2022 Xoves 16 de xuño: Escenario Xacobeo: The Chemical Brothers, C. Tangana, Foals, Jhay Cortez, Kase.O e Furious Monkey House Escenario Estrella Galicia: Boyanka Kostova, Sen Senra, Sebastián Yatra, Lola Índigo, Carlos Sadness, Guadi Galego e The Killer Barbies Escenario Paraíso: Les Castizos e Gazzi Venres 17 de xuño: Escenario Xacobeo: Justice, Anuel AA, Editors, Liam Gallagher, Justin Quiles e Wöyza & The Galician Messsengers Escenario Estrella Galicia: Timmy Trumpet, Anne-Marie, Duki, Dani Fernández, Budiño, Kings of the Beach e Tigre y Diamante Escenario Paraíso: Galician Army e Innmir Sábado 18 de xuño: Escenario Xacobeo: Tiësto, Jason Derulo, Dani Martín, Nicki Nicole, Triángulo de Amor Bizarro, Rayden e Pablo Lesuit Escenario Estrella Galicia: Carolina Durante, Nathy Peluso, Rigoberta Bandini, La M.O.D.A., Khea, Miss Caffeina, Escuchando Elefantes e Cora Velasco Escenario Paraíso: Sebastian Black e Natalia Ferviú
2023 Xoves 15 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Leiva, Tokischa, Viva Suecia, Nervo, Mavica e Sila Lua Escenario Xacobeo: Bizarrap, Alt-J, Steve Angello, Eladio Carrión, Marlon e The Rapants Sesións do Camiño: Babykatze, Flaca, Groove Amigos, Michenlo, Toccororo e Red Bull Batalla Exhibición Venres 16 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Maluma, Alesso, Trueno, Xoel López, Delaporte e Fillas de Cassandra Escenario Xacobeo: The Kooks, Mora, Wolfmother, Ginebras, Niña Polaca e Futuro Alcalde Sesións do Camiño: Alexander Som, Chico Blanco, Galician Army, Karras Martínez e Yung Prado Sábado 17 de xuño: Escenario Estrella Galicia: Aitana, Royal Blood, Wos, Bresh (evento especial), Dani e Anaju Escenario Xacobeo: Duki, Vetusta Morla, Kaiser Chiefs, Morten, Chica Sobresalto e Nano Sesións do Camiño: Bárbara Lago, Bastian Bux, Fer BR, Mëstiza e Thom Archi
2024 Xoves 30 de maio: Escenario Xacobeo: Artista F. Paideia, Maryland, FernandoCosta, J Balvin, Mattn Escenario Estrella Galicia: Hot Milk, The Interrupters, Arde Bogotá, Green Day.
Venres 31 de maio: Escenario Xacobeo: Marilia Monzón, Recycled J, La Oreja de Van Gogh, Myke Towers, Natos y Waor. Escenario Estrella Galicia: Monoulious Dop, Judeline, Love of Lesbian, Pet Shop Boys, Icona Pop.
Sábado 1 de xuño: Escenario Xacobeo: New Wave Kill, BB Trickz, Ana Mena, Melendi, Rels B. Escenario Estrella Galicia: Carlos Ares, Baiuca, Tom Odell, Thirty Seconds to Mars, Wade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Monte do Gozo
Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Santiago de Compostela