Serart é un álbum colaborativo entre os dous músicos armenios Serj Tankian ("Ser-"), cantante principal de System of a Down, e o multiinstrumentista folk Arto Tunçboyacıyan ("-art"). Lanzado o 6 de maio de 2003, foi o primeiro lanzamento no selo propio de Tankian, Serjical Strike Records.
O álbum foi reeditado nunha edición de luxo o 21 de abril de 2009, xunto coa curtametraxe "Sun Angle Calculator" e os dous remixes do Serart Sampler.
Notas
Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Música de Armenia