Os arrozais en socalcos dos hani de Honghe son o sistema de socalcos de cultivo de arroz do pobo Hani situados no condado de Yuanyang, prefectura de Honghe, Yunnan, China. A historia dos socalcos abrangue uns 1.200 anos. A área total esténdese por 4046,85 km² e catro condados: Yuanyang, Honghe, Jinpin e Lüchun, aínda que a área central dos socalcos está situada no condado de Yuanyang. En 2013, 16.603 hectáreas dos socalcos de arroz de Honghe Hani declaráronse Patrimonio da Humanidade debido á súa excepcional construción resistente, ao seu sistema socioecolóxico único e á súa importancia para o pobo hani.哈尼梯田申遗成功, 2013-06-22
Descrición
Os socalcos de arroz de Honghe Hani están situadas nas beiras meridionais do río Hong, debaixo das montañas Ailao, no sur de Yunnan. O terreo accidentado e montañoso e as elevadas precipitacións anuais levaron á creación dun complexo sistema de socalcos para o cultivo de arroz, que nalgunhas localizacións ten máis de 3000 socalcos entre o bordo do bosque e o fondo do val. Canles de rega e acuíferos artificiais feitos de arenito distribúen a auga por toda a paisaxe. Este sistema mantívose e operouse continuamente polo pobo Hani durante máis de 1300 anos. O cultivo do arroz é unha parte importante da cultura, teoloxía, calendario e sistema político Hani.
Os socalcos seguen unha estrutura vertical distinta que permitiu que a paisaxe persista durante tanto tempo, incorporando bosques, aldeas, socalcos e abastecemento de auga. Nos cumios das montañas (por riba dos 2000 metros de altitude), os bosques consérvanse para que actúen como captación de auga para a choiva e para "recargar" os campos e socalcos de abaixo. Un intricado sistema de canles e gabias desvía a auga cara ós socalcos de abaixo. As aldeas da rexión adoitan construírse xusto debaixo dos bosques, entre os 1400 e os 2000 m. No Patrimonio da Humanidade, están protexidas 82 aldeas, cada unha con 50-100 fogares. Os edificios adoitan estar feitos de adobe e pedra. Cada fogar cultiva unha ou dúas parcelas de socalco debaixo, normalmente cultivando arroz vermello e criando gando.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade na China
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China