Dolores Rodríguez Rodríguez, nada nas Neves en 1917, foi unha política galega.
Traxectoria Obreira en Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba na factoría La Artística de Vigo, que se dedicaba a producir granadas. Xunto coas súas compañeiras Paz Lama Álvarez e Ramona Camesellle González foi detida en 1937 acusada de gravar cun punzón nas granadas as iniciais “UHP” (Uníos Hermanos Proletarios) en 1937. Xulgadas en consello de guerra en febreiro de 1938, recoñeceron os feitos pero aseguraron descoñecer o significado das tres letras UHP. O tribunal sentenciou que eran culpables de propagar “el germen y virus marxista” por “levar alento marxista aos soldados” do lado nacional. Dolores e Paz foron condenadas a cadea perpetua e Ramona a 15 anos de prisión. Dolores cumpriu condena na Prisión Central de Saturrarán,Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran: 1.578 con Paz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña Memorias vivas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en ano descoñecido