O Imperio Vijaianagara, Vijayanagara ou Vijayanagar (Vijayānagara Sāmrājya ou Vijayānagara Sāmrājyamu, en ), ou Reino de Bisnaga nos antigos relatos portugueses foi unha monarquía hindú no sur da India, na meseta de Deccan, nos actuais Mysore, Karnataka, Andhra Pradesh e Tamil Nadu, na ribeira dereita do Tungabhadra.
O imperio tomou o nome da súa capital, Viyanagara, cuxas ruínas se atopan preto da actual Hampi, en Karnataka, hoxe declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Historia Foi fundado en 1336 por Harihara I, o seu irmán Buca Raia I Segundo outras transcricións, Bukka Raya I. e outros tres fillos de Sa ṅ gama. Durou máis de trescentos anos, até 1646, aínda que o seu poder diminuíu após unha gran derrota militar en 1565 contra unha forza unida dos sultanatos de Deccan.
En 1485 rematou a dinastía Sa ṅ gama e a dinastía Saluva usurpou o poder até que foi substituída pola Tuluva (c. 1505). No reinado de K ṛ i ṣ n.ā Deva Rāya (1509-1529) as fronteiras estendéronse cara ao norte até o río Krishna. Os seus sucesores sucumbiron ante a fronte común islámica e en 1565 a cidade de Vijayanagara foi destruída na batalla de Talikota. A partir dese momento iniciou un proceso de declive político, aínda que a estrutura dinástica se mantivo durante varias décadas máis. O imperio continuo na nova capital, Penukonda, en Andhra Pradesh, até 1614.
Os relatos escritos detallados dos viaxeiros portugueses Domingo Paes e Fernão Nunes nas súas Crónicas dos reis de Bisnaga, así como os de Niccolò Da Conti e a literatura local, proporcionan informacións cruciais sobre a súa historia. As escavacións arqueolóxicas en Vijaianagara revelaron o poder e a riqueza do imperio.
Galería
Cultura e legado O legado do Reino de Bishnaga inclúe numerosos monumentos espallados por todo o sur da India, sendo o máis famoso o complexo de Hampi. As antigas tradicións na construción de templos do sur da India converxeron na arquitectura de Vijaianagara. A mestura de todas as relixións e linguas vernáculas inspirou a innovación arquitectónica nos templos hindús, primeiro nas linguas de Deccan e máis tarde nas linguas dravídicas, utilizando granito local. Os edificios reais seculares mostran a influencia da arquitectura dos sultanatos de Deccan ao norte.
Unha administración eficiente e un comercio marítimo vigoroso introduciron novas tecnoloxías, como os sistemas avanzados de transporte de auga para o rego. O mecenado permitiu que a arte e a literatura alcanzasen novas cotas nas linguas kannada, telugu, támil e sánscrito, mentres que a música carnática evolucionou até a súa forma actual. O Imperio Vijaianagara creou unha era na historia do sur da India que transcendeu o rexionalismo, promovendo o hinduísmo como factor unificador.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Vida de D. João de Castro, quarto vice-rei da Índia (1798), de Jacinto Freire de Andrade, con 497 páxinas, citada na páxina 101. A liberdade da terra e a economia rural da Índia Portuguesa (1862), de Francisco Luis Gomes, com 102 páxinas, citada na páxina 44 História geral de Portugal, e suas conquistas, de Damião Antonio de Lemos Faria e Castro de 1800, citada na páxina 318.
Outros artigos
Estado portugués da India Historia da India
Ligazóns externas