Ignacio Sesto Novás, nado en Vigo en 1939 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 2021, foi un arquitecto e artista galego, tamén coñecido como Nacho Sesto Novás.

Traxectoria Fillo de Xosé Sesto e irmán de Farruco Sesto Novás. Emigrou xunto con seu pai e o resto da familia a Venezuela. Alí licenciouse en Arquitectura. Regresou a Galicia onde traballou no sector da construción.

Como poeta algunha das súas poesías foi musicada por Xulio Formoso no disco Galicia canta (1970): "A historia do meu pobo" e "Un vento vén".

Foi un dos 19 artistas que participou na colección Serigrafía Galega 1971 editada por Álvaro Álvarez Blázquez dende a súa empresa Serigrafía Gallega. Nesta colección estaba acompañado por artistas como Seoane, Díaz Pardo, Prego, Xaime Quessada, Antonio Quesada, Vidal Souto, De Dios, Xulio Maside, Laxeiro, Ventura Cores, María Antonia Dans, Alberto Datas, Agustín Pérez Bellas, Ánxel Sevillano, Rafael Alonso, Mercedes Ruibal e Pedro Ruiz Bofill. Esta obra foi exposta polo Legado Activo Beiras Cal na mostra que fixo en Muras en 2025 baixo o nome Vigo Muras 1971.

Foi colaborador da empresa editorial Industrias Pesqueras, onde fixo a portada dalgunha das súas revistas.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1939 Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Arquitectos de Galicia