Tomás Iglesias-Lloreda Maristany, nado na Coruña c. 1894 e finado na mesma cidade o 1 de maio de 1934, foi un militar galego. que acadou o grao de capitán.

Traxectoria Naceu na Coruña, sendo fillo de Tomás Iglesias-Lloreda Ayude e Dolores Maristany, e neto por parte paterna do que fora alcalde da cidade Tomás Iglesias Lloreda. Militar de profesión, foi tenente no Rexemento de Infantería Isabel a Católica nº 54 e máis tarde ascendeu a capitán. Participou no desembarco de Alhucemas á fronte da Compañía Mixta de Morteiros e Fusís-Metralladoras do rexemento de África, resultando ferido.

Actuou tamén como mestre de educación física e o 20 de novembro de 1928 converteuse no novo adestrador do Deportivo da Coruña, substituíndo no cargo ao húngaro Ferenc Voggenhuber, que acababa de partir a México. Debutou á fronte do equipo nun derbi contra o Celta de Vigo, correspondente á tempada 1928/29 do Campionato de Galicia e dirixiu o equipo uns tres meses. En novembro de 1933 tomou posesión como presidente do Club Marítimo Coruñés.

Despois dun tempo enfermo de uremia, faleceu o 1 de maio de de 1934, con só 40 anos de idade.

Vida persoal Casou en decembro de 1918 con Teresa Pazos Fernández.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1934 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia