Domingo Pais ou PaesA grafía arcaica é Domingo Paes, en portugués actual máis habitual Domingo Pais. Outras variantes dese apelido galegoportugués son Paez e Paz. nado no século XV ou XVI, foi un viaxeiro portugués que visitou o Imperio Vijayanagara ou "Reino de Bisnaga" como era referido polos portugueses, situado no Deccan, no sur do subcontinente indio, arredor do ano 1520 durante o reinado de Krishna Deva Raya (tamén transcrito Krishnadevaraya).
Viaxou cun grupo de comerciantes do que daquela era a Goa portuguesa.Goa era naquela altura a capital doutros territorios da India portuguesa como Bombai, etc.
Obra A súa descrición de Hampi, a capital imperial hindú, na súa Chronica dos reis de Bisnaga é a máis detallada de todos os relatos históricos desta antiga cidade e das poucas feitas por cronistas estranxeiros.
Pais informa que «o devandito reino ten moitos lugares na costa da India; estes son portos marítimos cos que estamos en paz, e nalgúns deles hai postos comerciais, en particular en Amcola, Mirgeo, Honor, Batecalla, Mamgalor, Bracalor e Bacanor».
Domingo Pais informa da avanzada tecnoloxía de irrigación que permitiu ao reino ter grandes cantidades, e a prezos moi razoables, dunha gran variedade de cultivos. O mercado de pedras preciosas tamén mostrou unha intensa actividade. A cidade prosperou e o seu tamaño, aos ollos do narrador, era comparable ao de Roma, con moita vexetación, acuedutos e lagos artificiais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Robert Sewell, Fernão Nunes, Domingos Paes, "A forgotten empire: Vijayanagar; a contribution to the history of India" (Inclúe umha tradución da "Chronica dos reis de Bisnaga" de Domingos Paes e Fernão Nunes cerca de 1520 e 1535 respectivamente), Adamant Media Corporation, 1982, ISBN 0543925889 Radhakamal Mukerjee, "A history of Indian civilization", Hind Kitabs, 1958 (refere Paes) H. V. Sreenivasa Murthy, R. Ramakrishnan, "A history of Karnataka, from the earliest times to the present day", S. Chand, 1977
Categoría:1520 Categoría:Exploradores de Portugal Categoría:Historia da India Categoría:Historia de Portugal