O Balaídos Club de Fútbol é un club de fútbol galego do barrio de Balaídos, no concello de Vigo. Foi fundado en 1963 e na tempada 2025/26 compite na Segunda Futgal. Xoga de local no campo de fútbol do Complexo Deportivo das Travesas.

Historia O Balaídos Club de Fútbol foi fundado en 1963 no barrio homónimo vigués. O seu fundador foi Alfonso Abreu Veiga. Durante os seus primeiros anos participou en campionatos locais, e na tempada 1971/72 ascendeu á Primeira división de afeccionados. O equipo sénior feminino foi un dos pioneiros do fútbol feminino galegoMalia que o primeiro partido de fútbol feminino documentado foi en Crendes (Abegondo) en 1963, nun encontro de "solteiras" contra "casadas", foi un partido puntual. Por outra banda, existen rexistros de que o Balaídos CF disputou até seis partidos e adestraba regularmente unhas dúas veces por semana. e un dos primeiros probablemente de España.

As pioneiras do fútbol feminino O Balaídos foi probablemente un dos primeiros clubs de fútbol feminino de España. Foi creado en 1972, nun contexto de represión e valores franquistas, onde relegaban o rol de xénero da muller a outros ámbitos nos que non se incluía o deporte. Malia este contexto desfavorábel, chegaron a ter até 40 xogadoras.

Durante a súa existencia efémera, que se estima en arredor de seis meses onde disputaron uns seis amigábeis, enfrontáronse a retos sociais e legais para desenvolveren a súa actividade. Utilizaban indumentaria masculina, xa que os uniformes femininos non existían. Tiveron que solicitar permisos ao gobernador civil. Ademais, a ausencia de equipos rivais femininos fixo que se enfrontasen a equipos de afeccionados, como o Fontenova ou El Pilar, ou incluso a equipos de fútbol afeccinado compostos por mulleres atletas doutros deportes, coma varias integrantes do Celta de atletismo. Diversas integrantes do Balaídos feminino relataron en diferentes ocasións teren sido obxecto de insultos misóxinos durante os encontros.

Finalmente, a sección feminina foi disolta pola de patrocinadores e a falta de apoio federativo e social.

Traxectoria TempadaCategoríaPosto2009/103ª Autonómica14º2013/143ª Autonómica10 2014/153ª Autonómica4º2014/153ª Autonómica5º2018/193ª Autonómica10º2021/223ª Autonómica4º2022/233ª Autonómica6º2023/243ª Autonómica 10px2024/252ª Autonómica13º2025/262ª Autonómica13ºTempadaCategoríaPosto2026/272ª Autonómica

Notas

Véxase tamén Outros artigos As Celtas Deporte en Vigo

Ligazóns externas Balaídos CF - Feminino 1972 Galería de fotos do equipo feminino do Balaídos en 1972.

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo