Mamífera é un filme español de fala catalá de 2024, escrita e dirixida por Liliana Torres. Está protagonizada por María Rodríguez Soto e Enric Auquer. Estreouse no festival South by Southwest o 8 de marzo de 2024 .

Trama Lola (María Rodríguez Soto) desfruta dunha vida feliz coa súa parella, Bruno (Enric Auquer), ata que un embarazo inesperado revoluciona todos os seus plans. Aínda que Lola sempre tivo claro que o de ser nai non vai con ela, agora séntese cuestionada polas expectativas sociais e enfróntase aos seus temores internos. Durante os tres días que teñen que esperar ata que chegue a súa cita na clínica para abortar, Lola achégase ás súas amigas e a súa familia coa intención de reafirmar a súa decisión. Bruno tampouco se imaxinara nunca como pai. Ata o de agora.

Notas

Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España