A Asociación Deportiva Lavadores Club de Fútbol é un club de fútbol vigués da parroquia de Lavadores. Foi fundado en 1985. Na tempada 2025/26 compite na Terceira Futgal.

Historia A AD Lavadores CF foi fundada en 1985 polo presidente Ramón Valois. Durante os primeiros anos iviu unha etapa de consolidación institucional e deportiva entre finais do século XX e comezos do XXI. Entre 1986 e 2000, baixo a presidencia de José Vidal Ogando, o club experimentou un notábel crecemento nas categorías de base e no fútbol afeccionado. Durante este período, o equipo acadou dous títulos na competición de Modestos de Vigo e chegou en tres ocasións á final da Copa de Vigo. Ademais, producíronse importantes ascensos nas categorías inferiores, incluíndo os conxuntos infantil, cadete e xuvenil.

Na tempada 1992-93, a entidade deu un paso adiante ao incorporarse á Terceira División Rexional, deixando atrás a súa participación no grupo de Modestos de Vigo.

Xa na tempada 2000-01, Javier Álvarez asumiu a presidencia do club. Durante o seu mandato, o equipo sénior conseguiu un fito histórico ao lograr o seu primeiro ascenso á Segunda Rexional.

Pouco despois, na campaña 2002-03, o club atravesou unha grave crise económica e organizativa que puxo en risco a súa continuidade, chegando mesmo a valorar a desaparición dalgunhas das súas categorías. Nese contexto, Emilio Calviño accedeu á presidencia e impulsou unha nova xunta directiva, integrada en boa medida por membros vinculados a etapas anteriores do club.

Unha das primeiras actuacións desta nova dirección foi a mellora das instalacións deportivas, logrando o apoio da Deputación Provincial para a instalación de céspede sintético no campo do Meixoeiro, o que supuxo unha modernización clave para a entidade.

Anos máis tarde, en 2012, a AD Lavadores CF conseguiu un novo ascenso á Segunda Autonómica, categoría na que se mantivo durante catro tempadas consecutivas, consolidando así a súa presenza no fútbol afeccionado galego.

Palmarés Terceira Autonómica de Galicia (1): 2001-02

Notas

Véxase tamén Outros artigos Unión Sporting Club Deporte en Vigo

Ligazóns externas

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo