O San Miguel CF é un club de fútbol galego da parroquia de San Miguel de Oia, no concello de Vigo. Foi fundado en 1948 e na tempada 2025/26 compite na Segunda Futgal. Xoga de local no campo de fútbol da Pirucha.

Escudo e cores As cores do San Miguel CF son fundamentalmente o azul e branco, como así queda de manifesto nas cores do seu escudo e a súa equipación. "Azul e branco, trailará" foi un dos versos que aparentemente rezaban no himno do club.

O escudo consta dun brasón azul cun bordo branco. No seu interior, sobre unha franxa diagonal branca, sobreescríbese o nome "San Miguel" en cor vermella. Completan o escudo as letras "CF" en branco na marxe superior esquerda, e un balón de fútbol branco na marxe inferior dereita.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Deporte en Vigo

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo