Rita de Morais Sarmento, nada en Porto o 11 de febreiro de 1872 e finada en Lisboa o 28 de marzo de 1931, foi unha enxeñeira civil portuguesa, recoñecida por ser a primeira muller en obter este grao académico en Portugal e probablemente tamén a nivel europeo.

Rita de Morais Sarmento nunca realizou ningunha actividade profesional como enxeñeira civil, en parte debido á súa fráxil saúde e a un certo conservadorismo e prexuízo na sociedade portuguesa.

Notas

Categoría:Enxeñeiros de Portugal Categoría:Nados no Porto Categoría:Enxeñeiros civís Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en 1872