O tesouro de Villanueva de la Serena é un conxunto de 149 moedas españolas de ouro de finais do século XVIII e principios do XIX achado en 1987 no municipio estremeño de Villanueva de la Serena.
O tesouro foi obxecto dun roubo en 2026 no Museo Arqueolóxico Provincial de Badaxoz, onde formaba parte dunha exposición.
O achado O conxunto foi descuberto casualmente o 11 de novembro de 1987 por Sebastián Fernández Iglesia, un albanel de Acedera, cando este picaba terra no marco dunhas obras de derruba e cimentación no lugar que naquel momento ocupaba o cine Rialto, na rúa Carrera de Villanueva,Flórez, A. M. (2025). "El tesoro de Villanueva. Las monedas del Salón Trajano". Semanariovegasaltas.es. 26 de decembro. para converter o predio na nova Casa da Cultura da vila.Murillo, A. (2025). "El Tesoro de Villanueva: cuatro kilos de oro en 149 monedas acuñadas por tres reyes". En Hoy. 3 de decembro.
Logo da súa taxación oficial, fixada daquela en 15 millóns de pesetas, o descubridor foi recompensado polo Estado con 650.000 pesetas, conforme o que estipula a lei española.
Estímase que o depósito se produciu durante o século XIX, por unha familia que quixo asegurar a súa fortuna nunha época dunha grande inestabilidade política e social en España. A propiedade na que se produciu o achado fora, antes de albergar o cine Rialto, unha gran casa señorial que se sabe que pertenceu a Manuel Godoy ata polo menos 1807, antes de que se lle expropiase a súa gran fortuna, aínda que se descoñece a que lle pertenceu desde a data en que se cuñou a derradeira moeda e a fin do século XIX, co que non é posible inferir cal era a rica familia que agochou o tesouro.
Contido As moedas estaban esparexidas, e non no interior dun recipiente, como ocorreu noutras ocasións. Todas elas eran de ouro e o seu peso total era próximo aos catro quilogramos. Toda presentan un grao de conservación elevado.
A totalidade das pezas son onzas de oito escudos, excepto unha, con valor facial de 320 reais, de peso e valor nominal equivalente, emitidas a nome de Carlos III, Carlos IV e Fernando VII entre os anos 1772 e 1822. Consonte as marcas de ceca que amosan, algunhas foron cuñadas nas casas de moeda de Sevilla e Madrid, e o resto na América española, nas casas da moeda de Popayán, México, Santiago de Chile, Santa Fe de Bogotá, Lima e Potosí.
Exposición e roubo miniatura|O Museo Arqueolóxico Provincial de Badaxoz, que albergou o tesouro ata o roubo de 2006. O tesouro pasou a formar parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Badaxoz e foi obxecto dunha exposición temporal programada inicialmente entre decembro de 2025 e marzo de 2026, baixo o título de "El tesoro de Villanueva. Las monedas del Rialto".
O 25 de abril de 2026, o tesouro foi roubado do museo na súa integridade, por uns ladróns que entraron nas súas instalacións á noite forzando unha fiestra.Agúndez, T.; López-Lago, J. /2026). "Quintana confirma que se llevaron todas la monedas del Tesoro de Villanueva: «No hay imágenes de los ladrones»". En Hoy. 26 de abril.Barrena, J. E. (2026). "Roban 149 monedas de oro del Tesoro de Villanueva que custodia el Museo Arqueológico de Badajoz". En El País. 25 de abril.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Santos Gener, S. de los (1928). "El tesoro celtíbero-romano de los Almadenes en Pozoblanco ". En Boletín de la Real Academia de Córdoba de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes. Vol. 7. Nº 21. Páxinas 29-60. Madrid, A. M. (2006). "Consideraciones sobre el lugar del hallazgo del llamado "tesoro Celtíbero-Romano de los Almadenes de Pozoblanco" y otros lugares de hallazgos arqueológicos en los Pedroches". En Arte, arqueología e historia. Nº 13. Páxinas 111-115. Peralbo Redondo, J. F. (2019). El tesoro íbero-romano de los Almadenes de Alcaracejos. ISBN 9788409116027
Ligazóns externas
Vídeo: "Muévete a descubrir el ‘El Tesoro de Villanueva’ formado por 149 monedas de oro"
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en España Categoría:Historia de Estremadura Categoría:Villanueva de la Serena Categoría:Moedas da Idade Moderna