Sangue 12 é unha novela xuvenil de terror en lingua galega de Cris Pavón, publicada por Urco Editora en 2014.
Argumento Sangue 12 ambiéntase na Inglaterra decimonónica e no Vigo actual, onde unha vampira, eternizada nunha adolescente de trece anos, comeza a axexar ou facer as beiras a unha rapaza da mesma idade engaiolada cos efluvios da súa menstruación.
Temáticas Ao longo das páxinas de Sangue 12 atópanse referencias a un incontable número de temáticas, aínda que destacan por riba de todas tres: a reelaboración do mito vampírico, a busca da identidade na adolescencia e a ruptura de estereotipos de xénero e feminismos.
Outros temas: a síndrome de Peter Pan, a menstruación como símbolo de transición, o lesbianismo, a inevitabilidade da morte, a literatura gótica e o The raven de Edgar A. Poe, o "ano sen verán" (1816), o grand tour dos aristócratas por Europa, as guerras napoleónicas, Villa Diodati, lord Byron e Polidori e os Shelley, Frankenstein, Ada Lovelace, a máquina analítica de Babagge, o mito de Prometeo e a rebelión das máquinas, ou a tentación do consumo de drogas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Lectura dun fragmento pola autora (videoteca do Centro de Documentación da AELG)
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2014 Categoría:Literatura LGBT