Carmen Blanco Sanjurjo, nada en Ferrol o 1 de xullo de 1963, é unha escritora, actriz e avogada galega.

Ten usado o pseudónimo Silandeira.

Traxectoria

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a avogacía en Santiago, Madrid e Sevilla. Volveu a Galicia e traballou na empresa privada. Despois púxose a xestionar a Taberna de Caaveiro, negocio familiar no mosteiro do mesmo nome.

Tamén se formou como actriz e dramaturga na Escola de Teatro de Narón. Ten escrito guións, interpretado e dirixido proxectos teatrais e participado en series. Colaborou con La Voz de Galicia e Teatro del Andamio.

En 2024 publicou a novela histórica Gorrións e falcóns. O vento na pedra, ambientada nos tempos dos Irmandiños. É a primeira dunha triloxía. A segunda foi en 2026, El fuego en la piedra, rei Henrique IV, envolto nunha guerra civil, autorizou a creación da Santa Irmandade de Galicia para desfacerse dos membros da nobreza que apoiaban ao seu medio irmán, o infante Afonso.

Obras

Novela

Gorriones y halcones. El viento en la piedra (2024). A Coruña: Ediciones del Viento. 744 páxs. ISBN 9788418227561. Gorrións e falcóns. O vento na pedra (2025). A Coruña: Ediciones del Viento. 728 páxs. Tradución de Silvia Viso Pérez, Romero Triñanes. ISBN 9788418227639. Gorriones y halcones. El fuego en la piedra (2026). A Coruña: Ediciones del Viento. 480 páxs. ISBN 978-84-18227-74-5.

Teatro

A fuga (2014). Ferrol: Ed. Embora. 50 páxs. ISBN 9788492644698.Foi representada en 2016 coa autora como directora e actriz.

Audiovisual

Series

El secreto de Puente Viejo, 2011. Matalobos, 2012, TVG. Chapa e pintura, 2013, TVG. Acacias 38, 2015, TVE. Serramoura, 2017, TVG. Con Al Vila protagonizou a web serie Pinto piensa en 2018.

Premios

2012: Premio de teatro infantil O Facho por A Fuga. 2014: Premio da Audiencia no VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega por A primeira vez.

Notas

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Actores de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Novela histórica