Carmen Crespo Nogueira, nada en Vigo en 1924 é finada na mesma cidade o 15 de agosto de 2007, foi unha arquiveira galega, directora do Arquivo Histórico Nacional e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Traxectoria No ano 1954 incorporouse ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Foi nomeada directora do Centro Nacional de Conservación e Microfilmación, sendo unha das primeiras mulleres en alcanzar, en 1962, un cargo directivo como arquiveira e xefa da sección de Documentación Moderna do Arquivo Histórico Nacional (AHN) de Madrid. Colaborou como profesora de Conservación nos cursos de Organización e Administración de Arquivos da Organización de Estados Americanos (OEA) e formou parte do Comité de Conservación e Restauración do Consello Internacional de Arquivos (ICA).

De 1984 ata a súa xubilación en 1989, foi directora do Arquivo Histórico Nacional. Entre os documentos recibidos durante a súa etapa de directora, atópanse os expedientes da doazón da escultura A Dama Oferente, de Pablo Picasso, os do Beato de Tábara ou os relativos á recuperación do cadro Retrato da Marquesa de Santa Cruz, de Francisco de Goya.

Crespo conta con numerosas publicacións e artigos relacionados co campo no que foi experta, a conservación de arquivos.

Obras 1984. La preservación y restauración de documentos y libros en papel. Carmen Crespo, Vicente Viñas. Editorial Programa General de Información, Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. París.

1988. Glossary of basic archival and library conservation terms: English with equivalents in Spanish/German/Italian/Frech and Russian. ICA Handbooks series.Vol 4.   1989. Arquivo Histórico Nacional: Guía. Editorial Ministerio de Cultura. Dirección Xeral de Belas Artes e Arquivos. Madrid.  Recoñecementos No ano 2005, o Ministerio de Cultura outorgoulle a Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes. Notas

Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en 1924 Categoría:Arquiveiros de Madrid Categoría:Nados en Vigo