María Luisa López Centeno, nada en Montefurado (Quiroga) o 26 de novembro de 1917 e finada no Canadá, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria
Filla de Ramón López Casanova, asasinado polos sublevados, e Petra Centeno Baños, condenada; sobriña de María López Casanova, tamén asasinada. Irmá de José López Centeno, fusilado, e de Oliva López Centeno, tamén encarcerada. Compañeira de Evaristo González Pérez. Carmen converteu a familia do seu home en enlaces e casas de apoio da guerrilla antifranquista dende setembro de 1947. Participou no enfrontamento de Repil e O Piricallo en Chavaga, o 20 de abril de 1949, onde foi ferida e detida. Xulgada en Lugo en consello de guerra na causa 143/1949 por "auxilio a bandoleros", foi condenada a dez anos de prisión. Estivo presa en Lugo e na Prisión Provincial de Mulleres de Madrid dende o 25 de setembro de 1950, onde coincidiu coa súa nai, a súa irmá e a súa cuñada Carmen Rodríguez Nogueira. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foron subhastados os seus bens en 1951.BOP Lugo, 1-9-1951, p. 1-2.BOP Lugo, 14-11-1951, p. 3. Ao saír da cadea e en canto conseguiu o pase de fronteiras,El Ideal Gallego, 16-2-1954, p. 11. marchou a Canadá, onde casou cun emigrante galego e tivo dous fillos. Volveu a España coa democracia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Expediente procesual de María Luisa López Centeno
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos do Canadá
Categoría:Nados en Quiroga
Categoría:Nados en 1917
Categoría:Finados en ano descoñecido