A serie Game & Watch (en xaponés ゲーム&ウオッチ, Gēmu ando Uotchi; coñecidas en Alemaña como tricOtronic e popularmente en España como «maquinitas») é unha liña de 59 consolas portátiles de videoxogos que foron fabricadas por Nintendo dende 1980 a 1991 e creadas por Gunpei Yokoi. Cada unha delas posúe un único xogo de pantalla LCD e ten ademais reloxo e alarma. Algúns dos títulos do formato Game & Watch foron Pinball, Donkey Kong, The Legend of Zelda, Mario Bros. e Balloon Fight. Desta serie vendeuse un total combinado de 43,4 millóns de unidades en todo o mundo, e foi o primeiro produto de Nintendo sobre videoxogos en obter un grande éxito. Estas consolas portátiles actualmente son difíciles de conseguir, e considéranse pezas históricas e artigos de coleccionista.

O formato Game & Watch de Nintendo fixo historia e axiña, moitas marcas maiores o intentaron recrear. A compañía Tiger Electronics produciu unha liña de videoxogos con temas propios ou de diversas licenzas como películas, series e videoxogos. Na posterior plataforma Game Boy, apareceron unha serie de recompilacións destes xogos Game & Watch, con versións modernizadas á parte da versión orixinal.

Historia e deseño alt=|esquerda|thumb|250px|Deseño e estrutura básica dun Game & Watch. O deseñador de xogos Gunpei Yokoi fora xefe da división de Investigación e Desenvolvemento de Nintendo na década de 1970, deseñando xoguetes físicos até a crise do petróleo de 1973, despois da cal o mercado decaeu para estes produtos. Ao mesmo tempo, as primeiras consolas de videoxogos para o fogar e as salas de xogos desenvolvéronse nos Estados Unidos, e Nintendo rapidamente adheriuse a esta onda no Xapón.

En 1979, mentres viaxaba nun Shinkansen (tren bala), Yokoi viu a un home de negocios aburrido xogando cunha calculadora LCD premendo os botóns. Tras isto, Yokoi pensou nunha idea para un reloxo dixital que funcionase como unha máquina de xogos en miniatura para matar o tempo.History Channel publicou no Xapón un docudrama sobre a vida e o legado de Gunpei Yokoi. - Documental completo - Escena do documental deste evento.. Máis tarde, puido presentarlle a idea ao presidente de Nintendo, Hiroshi Yamauchi, cando Yamauchi lle pediu que o levase a unha reunión de negocios. Aínda que Yamauchi non dixera nada durante a viaxe, a reunión na que estaba incluía ao director executivo de Sharp Corporation, e os dous discutiron a idea de Yokoi. Nunha semana, Yokoi foi convidado a unha reunión entre Nintendo e Sharp, dándolle o visto e prace para desenvolver o seu concepto.

O Game & Watch utiliza a tecnoloxía dunha calculadora portátil que, en lugar de amosar números, executa accións sobre imaxes xa debuxadas na súa pantalla. As unidades baséanse nunha CPU de 4 bits, da familia Sharp SM5xx, que inclúe unha pequena área de ROM e RAM e un circuíto de controlador de pantalla LCD. Os seus controis fan que o personaxe ou a ferramenta que se ve na pantalla LCD cambie e fagan a ilusión de que se mova. A imaxe é conectada xunto á outra, dando orixe a un control, coma se fose un botón novo, que enumera a puntuación ou o número das vidas que se van perdendo.

Fabricáronse diferentes modelos, algúns con dúas pantallas (serie Multi Screen). Nas consolas Game Boy Advance SP, Nintendo DS e Nintendo 3DS reutilizouse este deseño.

O moderno deseño do "botón direccional" (D-pad) foi desenvolvido en 1982 por Yokoi para o xogo portátil Donkey Kong. O deseño demostrou ser popular para os seguintes títulos de Game & Watch. Este deseño en particular foi patentado e logo obtivo un Premio Emmy de Tecnoloxía e Enxeñaría. A serie Game & Watch suspendeuse finalmente en 1991 coa consola Mario the Juggler.

Funcionamento Para que funcione, requírese dunhas pilas pequenas, xeralmente pilas de botón (aínda que de tipo C na versión Tabletop).

Hora e alarma Nada máis acenderse tense que axustar a hora. Unha vez axustada a hora e despois de acabar unha partida, premendo o botón Time, amósase a hora. Para reconfigurala, tense que premer o botón Reset (premendoo coa punta dun lapis). A hora funciona xunto a unha alarma, a cal é configurábel co botón de alarma (tamén pulsándoo coa punta dun lapis) e premendo os botóns Left (esquerda) e Right (dereita) para cambialas. A alarma soa á hora dada. O timbre da alarma ás veces é insuficiente para algúns oídos. Durante o xogo, a alarma no canto de soar, adoita amosar unha pequena animación (como unha campá).

Xogo (Game A e Game B) A maioría dos títulos teñen un botón Game A (Xogo A, normalmente para a dificultade normal) e Game B (Xogo B, normalmente para a dificultade alta) aínda que existen excepcións:

En Squish, o Game B é radicalmente diferente do Game A: o xogador debe tocar alieníxenas para eliminalos en lugar de evitar as paredes móbiles. En Flagman, o Game B é un modo onde o xogador ten que premer o botón dereito dentro dunha certa cantidade de tempo, sen memorizar patróns. En Judge, Boxing, Donkey Kong 3 e Donkey Kong Hockey, o botón Game B é unha versión para dous xogadores do Game A. En Climber, Balloon Fight, Super Mario Bros., Gold Cliff e Zelda non hai botón de Game B.

Na maioría dos casos, tanto o Xogo A como o Xogo B aumentaban en velocidade ou dificultade a medida que o xogador progresaba, e o Xogo B comezaba no intre que se acadaban os 200 puntos no Xogo A.

Modelos de Game & Watch Silver thumb|220x220px|Primeira Game & Watch, Ball, serie Silver (1980). Estes xogos recibiron o nome de Silver (Prata) por mor de que a súa placa frontal é prateada. Foron os primeiros xogos de Game & Watch e son difíciles de atopar, especialmente en caixa. Os prezos destes xogos son altos ou moi altos.

Ficheiro:GraphicsModelG&WSilver.GIF

Ball (AC-01, 28 de abril de 1980) Flagman (FL-02, 5 de xuño de 1980) Vermin (MT-03, 10 de xullo de 1980) Fire (RC-04, 31 de xullo de 1980) Judge (en versións verde e púrpura) (IP-05, 4 de outubro de 1980)

Gold thumb|220x220px|Serie Gold Screen, Game & Watch Manhole (1981). Estes xogos teñen unha placa frontal de cor dourada, é por iso que esta serie recibiu o nome de Gold (Ouro). Comezando con esta serie, o nome da mesma foi impreso no paquete. A diferenza da serie anterior, a consola posúe unha alarma programábel e un fondo coloreado. Estes xogos, coma os da serie Silver, son difíciles de atopar.

Ficheiro:GraphicsModelG&WGolden.GIF

Manhole (MH-06, 29 de xaneiro de 1981) Helmet (CN-07, 21 de febreiro de 1981) Lion (LN-08, 29 de abril de 1981)

Wide Screen miniatura|220x220px|dereita|O Parachute de 1981 foi o primeiro xogo da serie Wide Screen. A pantalla dos xogos Wide Screen é máis grande ca a da serie anterior, é por iso que se chaman Wide Screen (Pantalla ancha). Agás o xogo Egg, os demais son máis comúns.

Ficheiro:GraphicsModelG&WWideScreen.GIF Parachute (PR-21, 19 de xuño de 1981) Octopus (OC-22, 16 de xullo de 1981) Popeye (PP-23, 5 de agosto de 1981) Chef (FP-24, 8 de setembro de 1981) Mickey Mouse (MC-25, 9 de outubro de 1981) Egg (EG-26, 9 de outubro de 1981) Fire (FR-27, 4 de decembro de 1981) Turtle Bridge (TL-28, 1 de febreiro de 1982) Fire Attack (ID-29, 26 de marzo de 1982) Snoopy Tennis (SP-30, 28 de abril de 1982)

Multi Screen thumb|236x236px|Game & Watch Oil Panic (1982), a primeira consola da serie Multi Screen. Esta serie é unha das máis famosas. O especial destes xogos é que teñen dúas pantallas. Fóra de tres xogos (Squish, Bombsweeper e Safebuster), o xogo vai dunha pantalla a outra. As pantallas pódense abrir verticalmente de abaixo cara a arriba.

Ficheiro:GraphicsModelG&WWideMultiScreen.GIF Oil Panic (OP-51, 1982) Donkey Kong (DK-52, 1982) Mickey & Donald (1982) Greenhouse (GH-54, 1982) Donkey Kong II (JR-55, 1983) Pinball (PB-59, 5 de decembro de 1983) Black Jack (BJ-60, 1985) Squish (MH-61, abril de 1986) Bombsweeper (BD-62, xuño de 1987) Safebuster (JB-63) Gold Cliff (MV-64, outubro de 1988) Zelda (ZL-65, outubro de 1989)

220x220px|thumb|dereita|Game & Watch Mario Bros., a primeira Multi Screen en versión horizontal (1984). Tres xogos da serie abrense horizontalmente, ao estilo dun libro xaponés (de dereita a esquerda). Nestes tres xogos, a acción destes amósase en ambas pantallas asemade.

Mario Bros. (MW-56, 1983) Rain Shower (LP-57, agosto de 1983) Life Boat (TC-58, 1983)

New Wide Screen thumb|220x220px|Primeiro xogo da serie New Wide Screen, Donkey Kong Jr. (1982). Versión mellorada da serie Wide Screen. Algúns destes xogos son aínda máis difíciles de atopar cá outros. En xeral os últimos tres títulos: Mario The Juggler, Climber e Balloon Fight.

Donkey Kong Jr. (DJ-101, 26 de outubro de 1982) Mario's Cement Factory (ML-102, 16 de xuño de 1983) Manhole (NH-103, 24 de agosto de 1983) Tropical Fish (TF-104, xullo de 1985) Super Mario Bros. (YM-105, marzo de 1988) Climber (DR-106, marzo de 1988) Balloon Fight (BF-107, marzo de 1988) Mario the Juggler (MJ-108, outubro de 1991)

Tabletop thumb|220x220px|Xogos Mario's cement factory e Snoopy da serie Tabletop. O nome Tabletop débese a que se coloca nunha superficie para xogar, no canto de sosterse nas mans. O deseño destes xogos (que son os xogos máis grandes de Game & Watch) lembra ás máquinas recreativas. O novo nesta serie é a pantalla, que ten cor e pasa luz por detrás para poder xogar.

Ficheiro:GraphicsModelG&WWideTabletop.GIF

Donkey Kong Jr. (CJ-71, 28 de abril de 1983) Mario's Cement Factory (CM-72, 28 de abril de 1983) Snoopy (SM-73, 5 de xuño de 1983) Popeye (PG-74, agosto de 1983)

Panorama thumb|236x236px|Mickey Mouse, serie Panorama. Ao igual que os xogos da serie Tabletop, estes xogos teñen unha pantalla en cor con luz tamén. O especial nestes xogos é que se abren para xogar e teñen un espello no interior onde se reflicte o xogo.

Ficheiro:GraphicsModelG&WPanoramaB.GIF

Snoopy (SM-91, 30 de agosto de 1983) Popeye (PG-92, 30 de agosto de 1983) Donkey Kong Jr. (CJ-93, 7 de outubro de 1983) Mario's Bombs Away (PB-94, 10 de novembro de 1983) Mickey Mouse (DC-95, febreiro de 1984) Donkey Kong Circus (MK-96, setembro de 1984)

SuperColor thumb|210x210px|Game & Watch SpitballSparky (1983), primeiro da serie Super Color. Estes xogos teñen unha pantalla con cores e unha carcasa prateada. O xogo Spitball Sparky existe tamén cunha carcasa branca. Descoñécese o porqué, cantos deles existen e se as hai nalgún xogo de Crabgrab. Os dous xogos da serie teñen unha forma vertical alongada. A xogabilidade vai principalmente de abaixo cara a arriba.

Ficheiro:GraphicsModelG&WSuperScreen.GIF

Spitball Sparky (BU-201, 7 de febreiro de 1984) Crab Grab (UD-202, 21 de febreiro de 1984)

Micro VS. thumb|220x220px|Punch Out Game & Watch (1984), primeira da serie Micro VS. A pantalla era alongada horizontalmente e o novidoso destes xogos é que teñen dous "joy pads" que se gardaban no seu interior. Con estes, un xogador pode xogar contra a computadora ou dous xogadores poden xogar un contra o outro.

Ficheiro:GraphicsModelG&WMicroVS.GIF

Boxing/Punch Out!!! (BX-301, 31 de xullo de 1984) Donkey Kong 3 (AK-302, 20 de agosto de 1984) Donkey Kong Hockey (HK-303, 13 de novembro de 1984)

Crystal Screen 220x220px|dereita|Super Mario Bros. versión Crystal Screen (1986). A pantalla desta serie é transparente e moi fina, sendo posíbel mirar a través da pantalla e cambiar o fondo. Estes xogos son moi difíciles de atopar e os prezos son moi altos.

Ficheiro:GraphicsModelG&WCrystalScreen.GIF

Super Mario Bros. (YM-801, xuño de 1986) Climber (DR-802, xullo de 1986) Balloon Fight (BF-803, novembro de 1986)

Colour Screen