José Mosquera González, nado no Outeiro (Ramirás) o 14 de xuño de 1918, e finado en Francia no ano 1982, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
TRAXECTORIA Foi un dos centos de miles de republicanos españois que cruzaron a fronteira francesa tras a caída de Cataluña en xaneiro de 1939, a Retirada, e foron internados nos campos franceses ata integrarse nunha Compañía de Traballadores Estranxeiros ao servizo do exército galo. miniatura|350x350px A CTE de José era a número 100, a disposición da Artillería, en Cloyes, creada o 22 de outubro de 1939 nos campos de refuxiados de Gurs e Bram. Desde Cloyes, a Compañía foi trasladada a unha aldea preto de Tours e, despois, ao Departamento de Indre, no centro de Francia. Os alemáns entraron no departamento de Indre en xuño de 1940.
Capturado polos alemáns estivo preso no Stalag VII-A de Moosburg, sendo trasladado a Mauthausen o 6 de agosto de 1940, no primeiro grupo de 392 republicanos españois ingresados nese campo. O seu número de prisioneiro era o 3283.
Foi clasificado como labrego, de relixión católica, solteiro e sen fillos.
O 24 de xaneiro de 1941 trasladárono a Gusen, co número 43317.
Foi liberado o 5 de maio de 1945 polas tropas aliadas. Seguramente se instalou en Francia, recolléndose a súa morte no número 210 do Bulletin Intèrieur de L'Amicale des Déportés et Familles de Mauthausen, de xuño de 1982.
NOTAS
Véxase tamén
Bibliografía
Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Finados en 1982 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa