miniatura|Ficha de Magín no campo de Mauthausen Magin Pérez López nado en Sarreaus o 4 de marzo de 1912, e finado o 8 de novembro de 1941 no campo de concentración de Gusen, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

TRAXECTORIA Durante a Guerra Civil foi soldado das Milicias Gallegas, 4º Batallón da 1ª Brigada Mixta. As Milicias Populares Galegas foron un batallón republicano formado por voluntarios de Galicia, creado en 1936 por Santiago Álvarez e Castelao. Algúns destes voluntarios estaban traballando na sega en Castela no momento de producirse o golpe de Estado franquista. Formadas por 1.200 milicianos, entre eles 150 mulleres, participaron na defensa de Madrid, e acabaron fusionándose co V Rexemento.

Ao final da Guerra Civil fuxiu a Francia, pasando polos campos de refuxiados e a 31ª Compañía de Traballadores Estranxeiros, ao servizo de Exército do Aire. Estivo destinado en Suippes, ao norte de Francia, na Liña Maginot.

Entrou en Mauthausen, procedente do Stalag XI-B de Fallingbostel, o 27 de xaneiro de 1941, co número 5697. O 8 de abril do mesmo ano trasladárono a Gusen. miniatura|Aviso de deceso remitido polo Goberno de Francia ao pai de Magín No rexistro da súa morte no campo aparece clasificado como perruqueiro, solteiro e "sen relixión". Isto último era pouco habitual.

No consulado español en Fráncfort am Main, en Alemaña, sen constar a data, aparece rexistrado o seu falecemento.

NOTAS

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en Sarreaus Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa