, nome de cortesía Ernong (而農), tamén coñecido polo pseudónimo Chuanshan (船山), nado en Hengyang (Hunan) en 1619 e finado en 1692, foi un ensaísta, historiador e filósofo chinés de finais da dinastía Ming e comezos da Qing.
Traxectoria Wang naceu no seo dunha familia de eruditos de Hengyang, na provincia de Hunan, en 1619. Comezou a súa educación nos clásicos chineses sendo moi novo. Aprobou os exames de acceso á función civil ós vinte e catro anos, mais a súa carreira truncouse pola invasión manchú e a posterior fundación da dinastía Qing.
O autor permaneceu leal ós Ming, loitando contra os invasores; en consecuencia, tras a derrota, pasou o resto da súa vida fuxindo deles. Refuxiouse ós pés do Chuanshan, o monte que lle deu o seu alias. Wang finou en 1693, malia que se descoñecen o lugar e os detalles do seu pasamento.
Pensamento Dise que Wang Fuzhi escribiu arredor de cen libros, mais a meirande parte deles perdéronse. O resto compiláronse na obra Chuanshan yishu quanji (en ). Tamén redactou un comentario sobre o Zizhi tongjian, titulado Du tongjian lun (en ).
Wang foi un seguidor de Confucio. Segundo el, a filosofía neoconfuciana que dominaba a China do seu tempo distorsionara as ensinanzas do mestre. Así, elaborou os seus propios comentarios sobre os clásicos confucianos (entre eles, cinco sobre o Yijing), desenvolvendo gradualmente o seu propio sistema filosófico. Wang abordou temas moi variados, entre os que destacan a metafísica, a epistemoloxía, a ética, a poesía e mais a política. Ademais de Confucio, outras das súas influencias foron Zhang Zai e Zhu Xi, dous importantes neoconfucianos de comezos da dinastía Song.
Metafísica A metafísica de Wang é unha variedade de materialismo. Defendeu que só existe o qi (氣) ou enerxía; xa que logo, o li (理) ou principio, un concepto central do pensamento neoconfuciano máis ortodoxo (a escola de Zhu Xi), non existe de xeito independente, senón que se trata dun principio do qi. Neste sentido, a súa metafísica representa a continuación e desenvolvemento do sistema de Zhang Zai. A súa obra máis representativa nesta materia é o seu Comentario sobre a «Corrección da ignorancia» do mestre Zhang. Este traballo recibiu eloxios como un antecedente do materialismo durante o período marxista da República Popular da China.
Ética As ideas metafísicas de Wang conducírono cara a unha moral naturalista. En concreto, pensaba que os desexos humanos non son inherentemente malos, senón un feito inevitable e esencial da nosa natureza. Polo contrario, cría que os desexos son potencialmente beneficiosos, xa que a moral natural dos seres humanos debe fundamentarse nos nosos sentimentos cara ós demais. Para Wang, os problemas só aparecen por unha falta de moderación. Ademais, os desexos das persoas son a principal evidencia da nosa relación co mundo en tanto que seres materiais, e a natureza humana desenvólvese ó interactuar coa realidade na que vivimos.
Epistemoloxía alt=Retrato de Wang Fuzhi (dinastía Ming)|miniatura|Retrato de Wang Fuzhi (dinastía Ming) Wang afirmou a necesidade de empregar tanto a experiencia como a razón: debemos estudar o mundo empregando os sentidos, e razoar con tino sobre el. O coñecemento e a acción están interrelacionados, xa que esta é a base de aquel. A obtención do saber é un proceso laborioso e lento, polo que non existe a iluminación súbita.
Política e historia As ideas de Wang sobre historia e política fixérono moi popular na China moderna. O goberno, segundo o pensador, debería beneficiar ó pobo, non ós que exercen o poder. A historia é un ciclo continuo de renovación, un movemento de progreso gradual da sociedade humana. Así, pois, hai períodos de caos e necesidade e outros de estabilidade e prosperidade, dependendo do grao de virtude do emperador e das súas xentes; porén, a tendencia subxacente é de mellora. Isto é o resultado das leis naturais que gobernan ós individuos e á sociedade. Wang pensaba que o poder dos señores feudais era maligno, e debería limitarse mediante o aumento dos impostos, o que conduciría a un aumento no número de campesiños con terras de seu.
Nos seus escritos, Wang asumiu unha forte posición contra os manchús, que tentou expresar de maneira sistemática nun contexto histórico e filosófico amplo. Tamén insistiu en que os chineses deberían distinguirse dos que non o son, xa que cada pobo debería permanecer nos seus propios territorios e respectar a soberanía do resto, para así evitar posibles invasións ou integracións.
Para alén do seu confucianismo, recoñeceu a "necesidade de traballar dentro do sistema", un principio asociado co legalismo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1692 Categoría:Nados en 1619 Categoría:Filósofos da China Categoría:Confucianismo