Un día da bandeira é unha data, xeralmente conmemorativa, relacionada cunha bandeira en particular, que pode ser a bandeira nacional do país ou estado respectivo ou eventualmente outra.
O termo pódese aplicar a dous tipos de situacións. Na primeira, os días da bandeira son todos aqueles nos que, por norma legal ou por mera tradición, unha determinada bandeira debe ser izada en certos lugares, como oficinas públicas, escolas, monumentos, embaixadas, cuarteis e barcos. Na segunda situación, o día da bandeira é unha data dedicada especificamente á celebración e homenaxe a unha bandeira específica. En ambas situacións, o día da bandeira é naturalmente unha ocasión na que se debe despregar a bandeira.
Os días da bandeira son xeralmente establecidos e regulados polas institucións gobernamentais dos países, rexións ou localidades nas que se observan. Este establecemento e regulación pode resultar de leis emitidas polo respectivo órgano lexislativo, decretos emitidos polo órgano executivo ou mesmo proclamacións feitas polo xefe de Estado. Alén de indicar a data na que debe izarse a bandeira, a lei, decreto ou proclamación pode especificar os lugares onde se debe izar, así como o lugar do mastro onde debe ondear. Con todo, nalgúns casos, os días da bandeira e a forma en que debe exhibirse a bandeira nesas datas non están regulados oficialmente, seguindo regras simplemente establecidas polo costume e a tradición. Día da bandeira galega
Galiza non conta cun Día da Bandeira oficial, pero diversas datas foron celebradas como efemérides ligadas á historia da bandeira como símbolo do país.
Unha desas datas conmemorativas é o 25 de maio de 1891, cando a bandeira foi empregada nos actos do traslado dos restos de Rosalía de Castro a San Domingos de Bonaval. Esta data foi sinalada por varios autores, entre eles Pepe Barro, como un momento clave na exhaltación da bandeira moderna, aínda que non foi unha aparición illada ou sen precedentes. A simboloxía branca e azul contaba con antecedentes, entre eles a do Batallón Literario, descrita en 1808 como de «seda branca con cenefa azul». Segundo Xoán Costa, esta memoria mantívose activa mediante referencias literarias, xornalísticas e escénicas, como o artigo «Nuestra bandera literaria» de Antolín Faraldo en 1845, a cabeceira La Bandera de Galicia en 1855 e a obra Luchar por la patria, de García Ferreiro, representada en Compostela en 1879. Tamén se ten sinalado o 10 de setembro de 1898, data na que El Eco de Galicia publicou unha das primeiras descricións coñecidas da bandeira galega actual, con fondo branco e banda azul diagonal.
Varios colectivos culturais e galeguistas teñen lembrado aniversarios relacionados con esas efemérides, como o centenario do traslado de Rosalía en 1991, o centenario de Murguía en 2023 ou os 125 anos da primeira descrición publicada da bandeira galega moderna en 2023. Porén, ningunha destas datas foi recoñecida oficialmente como Día da Bandeira Galega.
Outras datas teñen adquirido valor simbólico pola presenza pública da bandeira. O 25 de xullo, celebrado como Día Nacional de Galiza, converteuse dende comezos do século XX nunha das principais xornadas de reivindicación simbólica, incluíndo a bandeira, en tempos das Irmandades da Fala e posteriormente durante a Segunda República, o exilio e a Transición.
Día da bandeira brasileira No Brasil, a celebración ten lugar cada 19 de novembro, xa que esta foi a data do establecemento da bandeira nacional republicana en 1889. As celebracións cívicas teñen lugar nesta data, xeralmente acompañadas polo canto do Himno á Bandeira.
Ao mediodía do Día da Bandeira as bandeiras inservibles (rasgadas, descoloridas, etc.) deben ser queimadas nunha cerimonia especial.
Día da bandeira portuguesa En Portugal, o 1 de decembro celébrase oficialmente como o Día da Bandeira Nacional dende 1910. Aquela ocasión serviu para a adopción e presentación pública da bandeira nacional actual. A data coincide coa celebración e aniversario da Restauración da Independencia, que tivo lugar o 1 de decembro de 1640.
A Festa da Bandeira xurdiu no contexto do proceso de adopción dun novo modelo para a bandeira, resultante da proclamación da I República portuguesa o 5 de outubro de 1910. O 15 de outubro, o Governo Provisório nomeou unha comisión para estudar e presentar o deseño dunha nova bandeira. Mesmo antes de aprobar o novo modelo de bandeira, o Goberno decretou que o 1 de decembro se celebraría unha festa da bandeira e que a organización sería confiada aos respectivos concellos. A data escollida foi mantida polo novo réxime republicano, converténdose en feriado nacional e oficialmente designada como "Día da Liberdade da Patria".
O novo deseño, cuxa elección estaría envolta nunha forte controversia e contestación, debido á escolla das cores verde e vermello en lugar das cores nacionais azul e branco, sería aprobado polo Governo Provisório o 29 de novembro de 1910, case na véspera do día escollido para a celebración do Día da Bandeira. Para que as novas bandeiras estivesen listas para o Día da Bandeira, ordenouse á Cordoaria Nacional que producise, rapidamente e a grande escala, exemplares das mesmas. O 1 de decembro de 1910, coincidindo co 270 aniversario da Restauración da Independencia, celebrouse a primeira celebración do Día da Bandeira. En Lisboa, a nova bandeira foi levada nun desfile dende o Concello até o Monumento aos Restauradores, onde foi izada por primeira vez.
A mesma data seguiu sendo festa nacional até o día de hoxe (cunha breve interrupción entre 2013 e 2015). Con todo, o foco das celebracións do 1 de decembro acostuma centrarse unicamente na Restauración da Independencia, sendo escasas ou mesmo inexistentes as homenaxes específicas á bandeira.
Días da bandeira en todo o mundo A continuación móstrase unha lista dos días da bandeira en varios países do mundo e algunhas das súas subdivisións administrativas. Os países ou subdivisións que non son amplamente recoñecidos internacionalmente móstranse en rosa. Os estados extintos móstranse en gris escuro. PaísSubdivisiónDataNotas23 de xulloDía da república.7 de asadDía da bandeira nacional. No calendario persa, usado en Afganistán, o mes de asad corresponde ao período comprendido entre o 23 de xullo e o 22 de agosto.28 de novembroDía da independencia e da bandeira.11 de marzoDía da bandeira saudita.20 de xuñoDía da bandeira nacional. Aniversario da morte de Manuel Belgrano, creador da actual bandeira.15 de xuñoConmemora a data de aprobación da lei da bandeira, o 15 de xuño de 2006.3 de setembroConmemora a primeira vez que a bandeira foi izada, o 3 de setembro de 1901.9 de novembroDía da bandeira estatal.Segundo domingo de maioDía do emblema nacional e da bandeira nacional.17 de agostoConmemora a data de creación da bandeira boliviana, pola lei do 17 de agosto de 1825.19 de novembroDía da bandeira nacional.15 de febreiroDía da bandeira nacional do Canadá.21 de maioDía da bandeira de Ontario.21 de xaneiroDía da bandeira de Quebec.21 de setembroDía da bandeira de Saskatchewan.7 de agosto Conmemora a batalla de Boyacá, o 7 de agosto de 1819, e a creación da bandeira colombiana o 7 de agosto de 1834. 25x25px Kurdistán17 de decembro Día da bandeira do Kurdistán.5 de setembro Conmemora os veteranos dinamarqueses. 25x25px Illas Feroe25 de abril Conmemora o recoñecemento da bandeira polo Goberno británico, o 25 de abril de 1940.3 de novembro Día da bandeira.26 de setembro Conmemora a adopción da bandeira ecuatoriana, o 26 de setembro de 1860. 4 de decembro Día da bandeira andaluza.14 de xuño Día da bandeira. Conmemora a adopción da bandeira dos Estados Unidos, o 14 de xuño de 1777. 25x25px Alasca9 de xullo Día da bandeira de Alasca. 25x25px Samoa Americana17 de abril Conmemora a primeira vez que a bandeira dos Estados Unidos foi izada na Samoa Americana. 25x25px Hawai31 de xullo Celebrado dende 1990. 25x25px Iowa29 de marzo Día da bandeira de Iowa. 25x25px Maryland9 de marzo Día da bandeira de Maryland. 25x25px Oklahoma16 de novembro Día da bandeira de Oklahoma. 25x25px Tennessee17 de abril Conmemora a adopción da bandeira, o 17 de abril de 1905. 25x25px Utah9 de marzo Día da bandeira de Utah. 25x25px Illas Virxes dos Estados Unidos17 de maio Conmemora a adopción da bandeira, o 17 de maio de 1921.4 de xuño Día da bandeira nacional.Primeiro luns de tikimt No calendario etíope, o mes de tikimt corresponde ao período comprendido entre o 11 de outubro e o 9 de novembro.28 de maio Conmemora o primeiro uso da bandeira tras a batalla de Alapan.Día de San Xoán Día da bandeira finlandesa. 25x25px ÅlandÚltimo domingo de abril Día da bandeira de Åland.14 de xaneiro Día da bandeira estatal xeorxiana.27 de outubro Véspera do Día do Non.18 de maio Día da bandeira haitiana.1 de setembro Día da bandeira. Conmemorado o 14 de xuño ata 1995.16 de marzo Conmemora a creación da Garda Nacional húngara o 16 de marzo de 1848.22 de xullo Día da adopción da bandeira nacional.7 de decembro Día da Bandeira das Forzas Armadas. 25x25px Jammu e Caxemira7 de xuño Día da bandeira estatal.7 de xaneiro Día da Tricolor.16 de abril Conmemora a primeira vez que a bandeira foi izada, o 16 de abril de 1928.24 de agosto Día da bandeira de Liberia.1 de xaneiro Día da bandeira lituana.15 de maio Non oficial.24 de febreiro Día da bandeira de México.27 de abril Día da bandeira estatal.10 de xullo Día da bandeira estatal mongol. 22 de outubro Día da bandeira nacional de Tokelau. 18 de marzo Día da bandeira e do himno nacional. 6 de setembro Día da bandeira de Bonaire. 2 de xullo Día da bandeira. 13 de xuño Conmemora a adopción da bandeira, o 13 de xuño de 1985.30 de setembro Conmemora a primeira vez que a bandeira foi izada diante da sede das Nacións Unidas, o 30 de setembro de 2015.4 de novembro Homenaxe aos símbolos patrios.14 de agosto Día da bandeira paraguaia.7 de xuño Conmemora a batalla de Arica.2 de maio1 de decembroFesta da bandeira nacional e da Restauración da Independencia.3 de marzoDía da bandeira nacional da República Kirguiz.26 de xuño22 de agosto25 de outubro15 de setembroDía da unidade serbia, da liberdade e da bandeira nacional. Celebrado en conxunto coa República Serbia da Bosnia e Hercegovina.7 de abril12 de outubroConmemora a adopción da bandeira, o 12 de outubro de 1954.6 de xuñoTamén celebrado como Día Nacional de Suecia, dende 1983.24 de novembroCelebrado dende 2009.28 de setembroCelebrado dende 2017.18 de maioDía da bandeira estatal e da Constitución (combinados dende 2017).23 de agostoDía da bandeira nacional de Ucraína25x25px Tártaros da Crimea26 de xunho18 de novembroConmemora a aprobación da bandeira, o 18 de novembro de 1991.3 de agostoConmemora a primeira vez que a bandeira foi izada, o 3 de agosto de 1806.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira de Galicia Bandeira do Brasil Bandeira de Portugal
Categoría:Vexiloloxía Categoría:Celebracións do día