Ann Delia Derbyshire, nada o 5 de maio de 1937 en Coventry e finada o 3 de xullo de 2001 en Northampton, foi unha compositora de música concreta, pioneira no ámbito da música electrónica.

Traxectoria Delia Derbyshire estudou na escola secundaria Barr's Hill School and Community College en Radford (escola de gramática para nenas ata 1975) en Coventry, Inglaterra; posteriormente gañou unha bolsa para estudar matemáticas en Girton College en Cambridge, aínda que despois dun ano cambiouse ao estudo da música e finalmente obtivo a licenciatura en matemáticas e música.

Escultora sonora, experimentou con diversos sons para o medio radiofónico, televisivo, teatro e cine. Os seus traballos máis coñecidos son: o tema musical realizado para a serie británica de ciencia ficción Doutor Who producida pola BBC de Londres en 1963; así como o seu traballo co BBC Radiophonic Workshop. Delia Derbyshire foi unha muller que contribuíu esencialmente a popularizar a música electrónica e a experimentación sonora tanto en Gran Bretaña como no resto do mundo.

Notas

Categoría:Nados en Coventry Categoría:Compositores de música electrónica Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge